18012018Jue
Última edición: Jue, 18 Ene 2018 4pm

 

Segundo concerto da tempada de música clásica en Vigo coa Orquesta Sinfónica de Galicia

A agrupación estreará en España Concerto para violín de K. Saariaho baixo a batuta de Dennis Russel Davies e o violín de Jennifer Koh

10 Enero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Dennis Russel Davies. / Foto: Afundacion Dennis Russel Davies. / Foto: Afundacion

A Orquesta Sinfónica de Galicia ofrecerá o segundo concerto da Tempada de Música Clásica de Afundación, a Obra Social de Abanca, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). O recital, en colaboración coa Sociedad Filarmónica de Vigo, será o este xoves 18 de xaneiro, ás 20.30 h, e a agrupación contará coa dirección de Dennis Russel Davies e o violín de Jennifer Koh.

Comezarán interpretando a Suite de danzas, Sz. 77 de B. Bartók; estrearán en España a obra Concerto para violín de K. Saariaho; e pecharán o concerto coa Sinfonía n.º 86 en re maior de F. J. Haydn.

Creada en 1992 polo Concello da Coruña, e con sede no seu Palacio de la Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A formación foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación, no 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas de concertos españolas.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

ciclismo

sanidad

educación

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos