16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

Vigo recibe o grupo tributo Remember Queen na súa xira mundial

O evento será o vindeiro 30 de setembro ás 20.30 h e as entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com

20 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Remember Queen. Remember Queen.

O Teatro García Barbón de Vigo (Policarpo Sanz, 13) albergará o vindeiro 30 de setembro, ás 20.30 h, a posta en escena de Remember Queen, o grupo tributo á mítica banda británica Queen. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

O obxectivo deste espectáculo é crear a sensación de estar a ver a Queen en vivo, grazas a que os integrantes do espectáculo ocupan a formación exacta que tiña o grupo inglés sobre o escenario, utilizando dez cambios de vestiario, ademais de incluír no show un soporte visual cos vídeos da agrupación.

Sobre o escenario, o mellor dobre de Freddie Mercury do mundo, Piero Venery. No papel de Brian May, Vito Damatteis sabe plasmar á perfección o seu papel sendo un excelente guitarrista. Como Roger Taylor, Roberto D'Amicis, un excelente batería que, ademais, interpreta un dos temas máis aclamados da banda. E por último, Giorgino de Nigris no papel de John Deacon.

Unha homenaxe a Queen, á súa música e á emblemática figura do seu líder que xa viron máis de 500.000 espectadores e que leva colgado o cartel de «completo» en practicamente todas as súas actuacións.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos