24102017Mar
Última edición: Mar, 24 Oct 2017 12pm

Festivais de verán

New Day, a banda da exDover Ámparo Llanos, únese ao cartel de Vive Nigrán

O festival vén de confirmar esta nova incorporación e a do grupo ourensán Os Amigos dos Músicos

17 Junio 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Los componentes del grupo New Day. / Foto: New Day Los componentes del grupo New Day. / Foto: New Day

A organización do Vive Nigrán vén de confirmar a incorporación ao seu cartel de New Day, banda liderada pola exDover Amparo Llanos, e do grupo ourensá Os Amigos dos Músicos. A estes dous novos fichaxes súmanse as bandas xa previamente anunciadas Las Bistecs, Joe Crepúsculo, Viva Suecia e Basanta.

New Day, que estará no escenario Mahou de Vive Nigrán, é un proxecto da cantante e guitarrista Amparo Llanos e  Samuel Titos, ambos antigos compoñentes de Dover, xunto ao batería Jota Armijos. A formación, que xurdiu a finais de 2016, confirmou a súa presenza en dous festivais en Galicia, o Noroeste (A Coruña) e Vive Nigrán.

A banda levará as cancións do seu primeiro traballo, Sunrise, “un berro”, segundo a cantante, "de independencia y de anhelo a los demais", co que comezan o seu camiño como banda.

Pola súa parte, Os Amigos dos Músicos acaba de recibir o Premio Martín Códax da música galega a mellor grupo de Pop/Indie. Os premios, organizados pola asociación Músicos ao Vivo, recoñecen o seu traballo no último ano, no que publicaron o seu primeiro disco e levaron a súa música por dentro e fóra do país. A banda continúa presentando o seu primeiro disco e despois de levar as súas cancións a Asturias, Euskadi, Valencia ou Madrid.

O Vive Nigrán, que se celebrará en Praia América o 26 e 27 de agosto, esgotou en só 48 horas á venda do bono de 10 euros para as primeiras cen entradas e agora está a piques de rematar a segunda oferta de lanzamento de 12 euros polos dous días de concerto e animación.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos