23042018Lun
Última edición: Lun, 23 Abr 2018 12pm

 

vigo en festas

A banda colombiana Morat súmase á programación de Festas en Vigo 2017

No cartel deste ano tamén están Miguel Bosé, Carlos Vives e Crystal Fighters, ademais da segunda edición do Festival Illas Cíes

16 Junio 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Morat. Morat.

O Auditorio Mar de Vigo acollerá o luns 24 de xullo o concerto do grupo colombiano Morat, unha actuación enmarcada na programación de Festas en Vigo 2017. No cartel deste ano tamén están Miguel Bosé, Carlos Vives e Crystal Fighters, ademais da segunda edición do Festival Illas Cíes.

A Xunta de Goberno deu luz verde este venres ao acordo de promoción do concerto de Morat, incluído na programación das festas de verán. Cunha actuación prevista o 24 de xullo no Auditorio Mar de Vigo, esta banda colombiana súmase ao cartel de Vigo en festas 2017 no que xa figuran Miguel Bosé (25 de xullo, en Castrelos); Carlos Vives (27 de xullo, en Castrelos) e Crystal Fighters (3 de agosto, en Castrelos).

Continuando cos eventos musicais, o rexedor lembrou os seis concertos conformarán a segunda edición do Festival Illas Cíes que tamén programa concertos no Parque de Castrelos e no Mar de Vigo durante as festas de verán da cidade. Caballero detallou de novo os tres concertos que xa se coñecen aos que se sumarán outros tantos. The Pretenders abrirá o festival o 20 de xullo, no auditorio de Castrelos. A segunda cita será o 21 de xullo no Auditorio Mar de Vigo co concerto de "Uxía e a Real Filharmonía de Galicia"; mentres que Roger Hodgson, antigo líder e voz icónica de Supertramp, tocará o 14 de agosto no Auditorio Mar de Vigo.

Promoción deportiva
Respecto da promoción deportiva, o goberno local aprobou esta mañá unha subvención de 5.000 euros para a organización da "Copa Vigo de fútbol 2017, impulsada pola Federación Galega e na que participaron más de 500 deportistas. Tamén recibiron apoio, neste caso de 6.000 euros, os máis de 1.500 deportistas que formaron parte do proxecto "Balonmán na rúa 2017", organizado pola Federación galega. O alcalde tamén deu conta dunha achega de 2.500 euros para o Club Deportivo da Policía Local de cara a colaborar no finanzamento da participación nos Xogos Mundiais da Policía e Bombeiros na cidade dos Ángeles.

Finalmente, a Asociación de Música Clásica, para o desenvolvemento do I Curso Internacional e Piano "Cidade de Vigo", recibirá 5.000 euros, segundo explicou o rexedor en declaracións aos medios.

Medios

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

historia de vigo

  • Vigo, la gran base de los corsarios en el s. XVIII
    Vigo, la gran base de los corsarios en el s. XVIII Si bien la semana pasada hablábamos de los funestos acontecimientos que sucedieron en la comarca viguesa con motivo de los ataques del famoso corsario ingles, Francis Drake, es preciso mencionar que Vigo fue durante muchos años un importante enclave para…
    Leer más...
  • El mejor café de España se sirve en Vigo
    El mejor café de España se sirve en Vigo El barista vigués Marcos González, que representaba a Galicia, se ha proclamado vencedor del Campeonato de España Fórum del Café, siendo distinguido como Barista de Oro 2018. En la gran final, disputada este miércoles, también ha obtenido el premio al…
    Leer más...

medio ambiente

  • Playa y chapuzón de una nutria en Vigo
    Playa y chapuzón de una nutria en Vigo Retozándose en la arena totalmente ajena al mundo y disfrutando tranquilamente del agua para refrescarse del calor. Así se pudo ver este miércoles a una nutria en las playas de Vigo. Rondando por el arenal de la Calzoa, junto a…
    Leer más...

andainas

mobilidade

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos