22092017Vie
Última edición: Vie, 22 Sep 2017 5pm

A primeira ópera rock feita en Galicia chega a Vigo

Despois da proxección haberá unha charla-coloquio cos creadores, Iván e Miguel Caride, e o director, Óscar Doviso

16 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(2 votos)
The rebel. The rebel.

A Sede Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 24-26) albergará o xoves 18 de maio, ás 20.30 h, a proxección de The rebel, a primeira ópera rock feita en Galicia obra dos músicos Iván e Miguel Caride que combina música, teatro, danza e cine.

Ambos estarán presentes na charla-coloquio que terá lugar despois do visionado da ópera, á que tamén se incorporará o director do proxecto, Óscar Doviso. As entradas están dispoñibles a través das vías habituais da entidade: na páxina web Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

A ópera rock The rebel (O rebelde)
The Rebel (O Rebelde) xira en torno á figura de Pàdraig Pearse (interpretado por Fernando Dacosta), poeta, mestre, avogado e líder do Alzamento de Pascua irlandés. Tras ler a declaración de independencia nas escaleiras da oficina postal de Dublín, Pearse é apresado e condenado nun consello de guerra a pena de morte por fusilamento xunto co seu irmán William (interpretado por Javier Octavio de Toledo), que deixa unha vida de artista en París para loitar a carón do seu irmán, e outros integrantes do movemento. Os dous poemas máis importantes de Pàdraig Pearse foron feitos desde a súa cela a escasas horas do seu fusilamento, un dedicado a súa nai e outro á beleza da vida.

Aínda que naquel momento os irmáns Pearse loitaron por unha causa perdida, plantan a semente para que, anos despois, a súa nai (interpretada por Mela Casal) consiga, a través das urnas, o recoñecemento polo que os seus dous fillos perderon a vida.

O personaxe de Pàdraig interactúa co público nas pezas teatrais, dirixidas por Elena Seijo (integrante de Sarabela Teatro), e convive tamén no escenario coas bailarinas integrantes do grupo Irish Treble ou co propio cantante Iván Caride.

A rodaxe da curtametraxe foi feita integramente en Galicia, concretamente no Mosteiro de Oseira (Ourense), na costa de Loiba (A Coruña) e en Goiáns (Pontevedra), emulando as paisaxes e localizacións orixinais de Irlanda e París a comezos de século.

O espectáculo foi gabado polo propio embaixador de Irlanda en España, David Cooney, e está incluído no libro conmemorativo do centenario do alzamento. Incluso Enda Kenny, o primeiro ministro de Irlanda, é coñecedor desta ópera rock.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

movilidad

incendio

sanidade

  • Retoños
    Retoños Es una estampa habitual en la ría de Vigo. Las singulares condiciones meteorológicas, con una bonanza que se repite en gran parte del calendario, propician todo tipo de deportes náuticos, sobre todo la práctica de la vela.
    Leer más...

viajes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos