24042017Lun
Última edición: Dom, 23 Abr 2017 10pm

música

O festival Nigranjazz, finalista por segundo ano consecutivo dos premios Martín Códax

Foi elexido xunto ao ‘Surfing the Lerez Festival’ e ‘Pardiñas’ entre 24 candidaturas de toda Galicia. O gañador se dará a coñecer nunha gala en Pontevedra o vindeiro 3 de maio

17 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Nigránjazz. Nigránjazz.

O festival Nigranjazz, organizado dende o Concello de Nigrán, ven de resultar seleccionado finalista por segundo ano consecutivo dos premios Martín Códax da música. Este foi elexido na cuarta edición xunto a Surfing the Lerez Festival (Pontevedra) e o Pardiñas (Guitiriz) na categoría de mellor festival, á que se presentaron 24 candidaturas de toda Galicia.

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de ‘Músicos ao vivo’ mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos: 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21espazos de comunicación musical. O xurado, que tamén fará as súas escollas a través do sistema de votación online, será secreto ata o final do procedemento e os gañadores daranse a coñecer o 3 de maio no transcurso da Gala de Entrega de Premios que terá lugar un ano máis no Pazo da Cultura de Pontevedra.

“O Nigranjazz é un proxecto que comezamos hai dez anos e que nos sitúa xa como un referente a nivel nacional en canto a jazz se refire”, sinala o alcalde, Juan González, quen destaca que dende o Concello xa se está pechando a próxima edición “mantendo o compromiso de traer aos mellores músicos internacionais ao tempo que se lle da un espazo tamén aos galegos”. “Entre tanto certame existente con música comercial, ten moito mérito ser o único festival de jazz finalista e xa por segundo ano consecutivo. Polo Nigranjazz desfilaron algúns dos mellores músicos do mundo e seguimos con ese compromiso de que a calidade artística prime por riba de todo,”, sinala Felipe Villar.

O Nigranjazz, festival máis señeiro do Concello de Nigrán, cumpriu unha década o ano pasado, sendo o máis lonxevo organizado dende o consistorio e o único adicado ao jazz de toda a comarca do Val Miñor. Actualmente está considerado entre músicos, afeccionados e prensa especializada como un dos mellores do noroeste peninsular debido á calidade dos artistas que nel participan. A diferenza doutros festivais, aposta por un jazz puro, lonxano das vangardas. Sempre con entrada gratuíta, celébrase no espazo clasificado na Rede Natura do esteiro de A Foz, na Ramallosa, dende que en 2007 o impulsasen veciños de Nigrán entusiastas desta música, manténdose activos na organización co músico Felipe Villar á cabeza. Dende entón, conseguiuse achegar a Nigrán a algúns dos mellores artistas a nivel internacional, por el desfilaron, entre outros, Peter Bernstein, Gilad Hekselman, Bill McHenry, Jorge Rossy, Marteen Hogenhuis, Joe Martin, Chris Cheek ou este ano o afamado guitarrista americano Kurt Rosenwinkel. Pero non hai que esquencer que o festival é tamén un espazo para os cada vez máis e mellores músicos de jazz galegos, así, é xa tradición que se integren nas formacións internacionais músicos locais, compoñendo agrupacións en exclusiva para o evento e dando a oportunidade aos músicos de aquí de presentar os seus traballos. Compre destacar que o Nigranjazz outorga tamén especial relevancia á relación galaico-portuguesa, consagrando algunha edición unicamente a elo e invitando sempre a artistas lusos a participar.

A permanencia en Nigrán ao longo destes anos xerou un especial interese por esta música na comarca, congregando cada vez a máis público no esteiro de A Foz: fieis seguidores que non faltan dende a primeira edición e veciños e turistas que cada vez fan máis multitudinario este evento, alleo por completo á música comercial.

Finalmente, compre mencionar outro dos signos de identidade do festival, que é o concurso de carteis de cada edición, adicado ao veciño de Nigrán Quin Alborés, deseñador gráfico e organizador do Nigranjazz ata a súa morte. Tamén hai que suliñar a master-class que tradicionalmente imparte o conxunto estrela ou as distendidas jam-sessions posteriores aos concertos.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

sucesos

incendio

  • El "maldito" minibús eléctrico de Vigo
    El "maldito" minibús eléctrico de Vigo Gafado sería la palabra más adecuada para definir al minibús eléctrico de Vigo que este viernes provocó un incendio con cinco intoxicados en el parque móvil municipal de Lavadores. Empezó con mal pie, no pudo con las cuestas del Casco…
    Leer más...

incendio

exposiciones

  • La saga de la Galaxias desembarca en Vigo
    La saga de la Galaxias desembarca en Vigo Figuras y bustos a escala real, réplicas de naves, vehículos y transportes, figuras de edición limitada pintadas a mano, así como todo tipo de enseres coleccionables. La Estación Marítima de Vigo acoge desde este jueves hasta el 23 de abril…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos