29042017Sáb
Última edición: Vie, 28 Abr 2017 10pm

afundación

A Sinfónica de Galicia abre en Vigo a tempada clásica baixo a batuta de Ilan Volkov

Con Horacio Lavandera ao piano e John Aigi Hurn á trompeta

04 Enero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O concerto terá lugar o 12 de xaneiro ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo. O concerto terá lugar o 12 de xaneiro ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo.

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá o vindeiro 12 de xaneiro, ás 20.30 h, un concerto da Orquesta Sinfónica de Galicia, nesta ocasión dirixida por Ilan Volkov, que contará coa colaboración de Horacio Lavandera ao piano e John Aigi Hurn á trompeta.

Con esta actuación inaugúrase a tempada de música clásica de Afundación na cidade de Vigo. Nela, a agrupación sinfónica interpretará, en dous actos,a estrea absoluta de Paisaxes escuras de Xabier Mariño; a Sinfonía núm. 102 en si bemol maior, Hob1/102 de Franz Joseph Haydn e Cinco pezas para orquestra, op. 42 así como Concerto para piano, trompeta e cordas núm. 1 en do menor, op. 35; ambas de Dmitri Shostakóvich. As entradas están á venda a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 902 504 500, para todas aquelas persoas que non adquirisen o abono para a tempada que supón un aforro do 20 % con respecto ás entradas individuais. Ademais, as persoas con 35 anos ou menos gozarán da oportunidade de conseguir as entradas na billeteira media hora antes de cada concerto a un prezo reducido coa finalidade de promover este tipo de espectáculos entre o público máis novo.

Ilan Volkov é un director de orquestra israelí, cuxo pai era pianista de concertos de ascendencia ucraína. Estudou co director Mendi Rodan na Academia Rubin de Xerusalén, antes de continuar na Royal Academy of Music de Londres. Á idade de 19 anos, foi nomeado xefe novo na Asociación da Sinfonía do Norte. Máis tarde serviu como condutor da Young Sinfonía, a orquestra xuvenil da Sinfonía do Norte. En 1997, converteuse en Director Principal da London Philharmonic Youth Orchestra. En 1999, Seiji Ozawa, nomeou a Volkov o director auxiliar da Orquestra Sinfónica de Boston, iniciando así o seu ascenso na música e un gran recoñecemento internacional.

Creada en 1992 polo Concello da Coruña e con sede no seu Palacio da Ópera, a Orquesta Sinfónica de Galicia (OSG) é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. A OSG, cuxo director titular desde a tempada 2013-2014 é Dima Slobodeniouk e Víctor Pablo Pérez o seu director honorario, foi orquestra residente do Festival Rossini de Pésaro de 2003 a 2005 e do Festival Mozart da Coruña desde a súa creación no 1998. Ademais, realizou varias xiras por Alemaña e Austria e ofreceu concertos nas mellores salas e ciclos de concertos españois. No 2007 realizou a súa primeira xira por América do Sur, con concertos en Chile, Arxentina, Brasil, Uruguai e Montevideo e cara aos últimos meses do 2009 presentouse na histórica sala do Musikverein de Viena. Conta habitualmente con solistas como Anne-Sophie Mutter, Maurizio Pollini, Krystian Zimerman, Gil Shaham, Sarah Chang, Grigory Sokolov, Leonidas Kavakos, Arcadi Volodos, Maria João Pires, F. P. Zimmermann, Mischa Maisky ou Christian Lindberg.

Con ela cantaron Alfredo Kraus, Teresa Berganza, Plácido Domingo, María Bayo, Ainhoa Arteta, Juan Diego Flórez, Simon Estes, Mirella Freni, Ann Murray, Amanda Roocroft, Ildar Abdrazakov, Hildegard Behrens, Eva Marton, Giuseppe Giacomini, Philip Langridge, Carlos Chausson, Raúl Giménez, Isabel Rey, Carlos Álvarez, Ana María Sánchez ou Giuseppe Sabbatini, entre outros, sempre baixo a batuta de mestres coma Lorin Maazel, Daniel Harding, Guennadi Rozdestvenski, Maurizio Pollini, James Judd, Jean-Pascal Tortelier, Stanislaw Skrowaczeski, Libor Pesek, Peter Maag, Jesús López Cobos, Osmo Vänskä, Alberto Zedda, Emmanuel Krivine, Yoav Talmi, Raymond Leppard, Gabriel Chmura, Jean-Jacques Kantorow, Josep Pons, John Nelson, Gianandrea Noseda, Ron Goodwin ou Manfred Honeck.

Na súa discografía, para selos como EMI, DECCA, Koch, Naïve, BMG e Arts, figuran nomes como Juan Diego Flórez, Kaori Muraji, Peter Maag, Antonio Meneses, María Bayo, Plácido Domingo, Juan Pons, Ewa Podles ou Manuel Barrueco —con quen foi nomeada ao Grammy 2007 polo mellor álbum clásico do ano—. A OSG foi premiada coa Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes e foi Premio Cultura Galega da Música no ano 2010. A OSG está financiada polo Concello da Coruña, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

vigo

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos