22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

deputación de pontevedra

Festivais Rías Baixas: sete citas que non deberás perder

Cultura Quente, Atlantic Fest, PortAmérica, Festival SinSal Son Estrella Galicia, SonRías, O Marisquiño e Revenidas integran os Festivais Rías Baixas

12 Mayo 2016 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A actuación enmárcase nos eixos de promoción turística levados a cabo pola Deputación a través de Turismo Rías Baixas. A actuación enmárcase nos eixos de promoción turística levados a cabo pola Deputación a través de Turismo Rías Baixas.

Cultura Quente (24 e 25 de xuño, Caldas de Reis), Atlantic Fest (1 a 3 de xullo, A Illa de Arousa), PortAmérica (15 e 16 de xullo, Nigrán), SinSal Son Estrella Galicia (22 a 24 de xullo, Redondela), SonRías (4 a 6 de agosto, Bueu), O Marisquiño (12 a 14 de agosto, Vigo) e Revenidas (19 a 21 de agosto, Vilagarcía de Arousa). Sete festivais das Rías Baixas enmarcados nos eixos de promoción levados a cabo pola Deputación de Pontevera a través de Turismo Rías Baixas, có obxectivo de impulsar unha imaxe innovadora, moderna, diferente, vangardista e auténtica da provincia de Pontevedra.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada dos deputados provinciais David Regades e Xosé Leal, dos alcaldes da Illa de Arousa, Carlos Iglesias, e Caldas de Reis, José Manuel Rey, do tenente de alcalde de Nigrán, das concelleiras de cultura de Bueu e Vilagarcía de Arousa, do concelleiro de cultura de Redondela e dos responsables dos eventos músico-culturais que integran a iniciativa da institución provincial, presentou este xoves a campaña “Festivais Rías Baixas, sete citas que non deberás perder”, a través da cal se promoverán sete citas imprescindibles en xullo e agosto.

Carmela Silva destacou que “nas Rías Baixas algo se está movendo e a Deputación de Pontevedra quere ir ó ritmo da sociedade, escoitar este movemento para poñelo en valor. Por todo elo, e da man dos concellos, sumando sinerxias e traballando colectivamente, queremos converter ás Rías Baixas en punto de referencia nacional no campo dos festivais musicais; nunha provincia con vida cultural propia, orixinal, diversa e cunha ampla oferta turística”. Máis en concreto, Silva manifestou que, xunto ós festivais musicais, existen “infinitas” razóns para visitar Rías Baixas, “desde as praias, con máis de medio centenar con bandeira azul, ata a gastronomía e enoloxía, illas, termalismo, patrimonio cultural, riqueza arquitectónica ou os deportes de aventura”.

Festivales Rías Baixas 2

“Festivais Rías Baixas” é, segundo indicou Julio Alonso -responsable da organización de “SinSal” que interveu en nome dos sete festivais da provincia de Pontevedra incluídos na iniciativa da Deputación-, “unha das ofertas máis completas de Galicia e pioneira a nivel nacional, ó ofertar un paquete turístico equilibrado de ocio e cultura moi vinculado ó territorio”. Alonso tamén destacou que os sete “Festivais Rías Baixas” presentan unha ampla variedade de estilos musicais para todos os públicos, mesturando, por exemplo, o universo europeo co iberoamericano e engadindo experiencias turísticas e gastronómicas, demostracións de cultura urbana e deportes de acción, así como impulsando grupos musicais emerxentes e actuacións de artistas nacionais e internacionais consagrados.

Segundo informes de UK Music e VisitBritain o turismo de festivais é un dos que máis a está a medrar no mundo nos últimos anos, xerando un impacto considerable na economía do territorio, creando postos de traballo, incrementando os fluxos turísticos e impulsando o desenvolvemento dos lugares nos que acontecen.

Medios

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos