• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    viernes, 30 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    música

    ImaxinaSons programa en Vigo nove días de jazz

    O programa, para o que se destinan 150.000 euros, un 15% máis ca na edición anterior, desenvólvese dende o 1 ata o 9 de xullo en diferentes espazos vigueses
    Redacción por Redacción
    03 de Jun, 2016
    en Música
    0
    ImaxinaSons programa en Vigo nove días de jazz

    Abel Caballero presentou este venres a décimo segunda edición do Festival de Jazz de Vigo ImaxinaSons, que se desenvolverá do 1 ao 9 de xullo en distintos espazos da cidade, con especial presenza do Auditorio Municipal do Concello, o Marco e maila rúa Londres.

    Acompañado polo concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e pola directora artística do festival, Lucía Martínez, o rexedor destacou a calidade musical do jazz que programa o IMAXINASONS, un proxecto «integramente municipal» que xa é unha «referencia cultural urbana da cidade» e que se ten situado «á altura en calidade dos mellores de Europa; e queremos seguir estando aí». Con ese obxectivo, o presuposto sobe un 15% respecto ao ano 2015, chegando aos 150.000 euros e «buscando cubrir o obxectivo de ser unha peza esencial do desenvolvemento do jazz en Galicia»

    Iniciativa municipal
    ImaxinaSons é unha iniciativa municipal que se mantén no tempo en base a parámetros de calidade artística e vontade de satisfacer a diversos públicos, a maiores dos afeccionados ao jazz. Unha aposta pola cultura desde o ámbito municipal, que fai que o festival poda manterse fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e o jazz español.

    Nesta edición, o festival preséntase coas baterías cargadas baixo a batuta de Lucía Martínez, que recolle a encomenda do concello de Vigo como nova directora artística de Imaxina Sons, sucedendo nesta tarefa a Baldo Martínez (2005-2010) e Nani García (2011-2015). Lucía Martínez (Vigo, 1982), é unha das multiinstrumentistas e compositoras máis destacada da nova xeración de músicos de jazz de Europa. Unha xeración coa ollada no sur, que no seu caso tradúcese na súa querenza polo folclore e a tradición oral. De cativa foi alumna da Universidade Popular de Vigo e en 2006 obtivo a súa licenciatura en percusión clásica no Conservatorio Superior de Música da cidade. Na actualidade reparte o tempo entre a súa cidade e Berlín, onde fixo o Mestrado en Jazz na Universidade das Artes, Universidade de Künste, e onde emprendeu novos proxectos musicais.

    A percusionista viguesa ten como obxectivo reforzar e apoiar a presenza do jazz europeo, con especial atención á escena máis próxima. As marcas de identidade do Imaxina Sons xa son inequívocas ao longo destas doce edicións: atención ás figuras consolidadas e aos artistas emerxentes do jazz europeo, escaparate para as novas propostas do jazz en Galicia e na península, concertos ao aire libre que impliquen á cidadanía e apoio aos músicos e clubs da contorna próxima. Ademais Imaxina Sons debe entenderse como unha ferramenta cultural, auspiciada desde o ámbito administrativo máis próximo ao cidadán, o municipal, que ten como fin, tamén, vertebrar o espazo urbano como espazo de encontro e celebración da música. Durante a presentación apuntou que esta edición do festival busca a «internacionalización do jazz galego e a importación de grandes artistas internacionais moi difíciles de ver noutros contextos nacionais, europeos e mesmo mundiais» e agradeceu ao alcalde o esforzo para que sexa unha realidade.

    Nove días de jazz de calidade
    ImaxinaSons abre as portas a nove días de jazz cun grande concerto, o do brasileiro Hermeto Pascoal. Unha lenda da música que, aos seus oitenta anos, visita Galicia por vez primeira. Principalmente pianista, pero tamén bandoneista, guitarrista, frautista e saxofonista é unha das figuras máis importantes da música brasileira. Tras acadar a popularidade no seu país nos anos sesenta, Hermeto Pascoal irrompe na escena estadounidense nos anos setenta onde colaborará entre outros con Miles Davis culminando a década coa participación no Festival de Montreux (Suíza) en 1978, que marca o comezo da lenda Hermeto Pascoal. Imaxina Sons comprácese en contar coa súa participación no festival cun concerto de apertura que, sen dúbida, sitúa esta décimo segunda edición nun magnífico estado de forma.

    Apertura que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello, columna vertebral de Imaxina Sons e escenario para grandes concertos na presente edición: Julia Hülsmann, recoñecida como a poeta do jazz de Alemaña, o libanés Rabih Lahoud coa súa magnífica voz dentro do grupo Masaa, o pianista, compositor e ex director do festival Nani García ou a grande pianista Aki Takase coa súa particular homenaxe a Duke Ellington. O peche de Imaxina Sons 2016 no Auditorio Municipal do Concello poñerano os extraordinarios músicos da Orquestra de Jazz de Matosinhos. Formada en 1999, esta iniciativa municipal é hoxe en día un laboratorio de proxectos no que as colaboracións internacionais están á orde do día. Con grande pracer por parte do festival, a Orquestra de Jazz de Matosinhos estará por vez primeira en Imaxina Sons, na xornada de clausura desta edición, o sábado 9 de xullo.

    O Marco volverá a ser o escenario durante tres xornadas de concertos arraiáns, desafiantes, excéntricos e cheos de virtuosismo co percusionista Robertoliveira, o saxofonista Frank Gratkowski e o trío FronTTon. A noite do festival trasladarase a partir do xoves 7 de xullo ao escenario da rúa Londres co trío do pianista portugués Pedro Neves Trío, o jazz indie dos dinamarqueses Girls in Airports e o novo traballo do contrabaixista galego Kin García.

    Unha nova edición de Imaxina Sons na que o jazz nas rúas volverá a mostrar a viveza da escena local e que, ademais, contará co programa de actividades «Academia de Sons» a desenvolver no Marco por cuarto ano consecutivo. Un convite á interactuación entre xeracións convidando a pequenos e maiores a experimentar ao redor da música e do jazz con incursións no audiovisual, nas artes plásticas, na tradición oral e na electrónica. A inscrición para estas actividades realizarase a través do servizo de Atención Cidadá 010, a partir do luns 20 de xuño.

    O xoves 7 de xullo, dentro do programa do festival, inaugurarase no primeiro andar da Casa das Artes de Vigo a exposición «Transbordo espacial. Partituras gráficas» de Pelayo Fernández Arrizabalaga. As partituras gráficas de Pelayo Fernández non son só visualizacións das súas composicións. A través delas achegouse á obra de músicos nos que tiña un interese especial: Claude Debussy, Olivier Messianen, Gianto Scelsi ou Jimmy Lyons. Nos aparellos gráficos ideados polo artista non falta a representación de diferentes parámetros musicais: altura, volume, silencio, ruído, dinámica, duración, ritmo. A exposición estará aberta até o 4 de setembro.

    As entradas para os concertos de pagamento (Auditorio Municipal e salón de actos do Marco) poranse á venda anticipadamente o luns 20 de xuño no servizo de Ataquilla (www.ataquilla.com, teléfono 902.504.500 e Central de Espectáculos).

    43

    RelacionadosArtículos

    Acaba detenido tras pillarlo ‘in fraganti’ robando en un bar de Vigo e intentar esconderse bajo un coche aparcado
    Local

    Detenido un matrimonio en Vigo tras hurtar joyas en una vivienda y sustituirlas por bisutería

    30 de Ene, 2026
    Más de 500 incidencias por Ingrid, con alerta roja en el mar y subiendo la cota de nieve
    Local

    Alerta roja en el mar: más de 100km/h y deja a Moaña y Cangas sin barcos

    30 de Ene, 2026
    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    30 de Ene, 2026
    El Quijote y el Rocinante de Nigrán: competir para perder
    Polideportivo

    El Quijote y el Rocinante de Nigrán: competir para perder

    29 de Ene, 2026
    Caballero: «La aprobación del PXOM nos permite entrar ya en las cuestiones de La Artística y del Alfageme»
    Local

    «Extrema preocupación» por la evaluación ambiental que exige Patrimonio para la reforma de Alfageme

    29 de Ene, 2026
    Pillado un ladrón que cometió seis robos con fuerza
    A Guarda

    Pillado un ladrón que cometió seis robos con fuerza

    29 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    Una mujer fallece en el acto tras precipitarse desde un séptimo piso en Vigo

    por Redacción
    29 de Ene, 2026
    0

    «Pequeno busca fogar», de Fátima Rodríguez, segundo premio do I Certamen de Relatos de VigoÉ

    El modelo de turismo de la Navidad de Vigo se agota, según los datos de diciembre del INE

    por Redacción
    27 de Ene, 2026
    0

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    Caballero quiere transformar unas antiguas viviendas de maestros en 6 pisos sociales

    por Redacción
    23 de Ene, 2026
    0

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    El mayor fracaso de Vigo Vertical: el elevador que suma años con averías dilapida otros 200.000€

    por Redacción
    25 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Calles en penumbra
    Más Vigo

    Calles en penumbra

    La Navidad de Vigo ya se ha terminado, para consuelo de muchos y tristeza de otros, y aquel derroche lumínico...

    por Julio Alonso
    30 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Marta Estévez acerca ‘La tercera orilla’ a Vigo
    Libros

    El secreto de la generación de los 70 que hoy sale a la luz en el Casco Vello

    La literatura gallega contemporánea vuelve a poner el foco en la memoria y el paisaje como ejes vertebradores de nuestra...

    por Redacción
    29 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR