• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Festival Sinsal: 26 bandas e solistas de 15 países

    A cita musical comezará mañá 25 de xullo, cunha xornada especial que terá lugar no Porto de Vigo dentro do escenario Océano
    Redacción por Redacción
    24 de Jul, 2024
    en Música
    0
    Festival Sinsal: 26 bandas e solistas de 15 países

    Visita esta mañá á illa de San Simón. / Foto: Deputación de Pontevedra

    O Festival Sinsal SON Estrella Galicia, un dos eventos máis singulares e coidados do panorama musical estatal, e cuxo cartel é secreto, celebrarase esta fin de semana. Un total de 26 bandas e solistas de múltiples estilos musicais e procedentes de Brasil, Colombia, Dinamarca, Escocia, España, Estados Unidos, Inglaterra, Irán, Kenia, Nigeria, Palestina, Portugal, Suíza, Uganda e Xapón actuarán, a partir do venres 26, no arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón.

    Os abonos e as entradas para asistir á cita, promovida por Sinsalaudio, esgotáronse ás 72 horas de saír á venda, aínda que o público só descubre o cartel ao desembarcar nun escenario excepcional: a illa de San Simón, declarada Ben de Interese Cultural. 

    Catro escenarios fixos (Buxos Fest Galicia, SON Estrella Galicia, Santo Antón rock’n’roll e o novo Malmequeres) situados no arquipélago, ademais dun quinto temporal (no que terán lugar os microconcertos de música clásica), acollerán as actuacións de máis dunha vintena de formacións que amosarán, a un público reducido -800 personas por día-, unha pequena mostra da creación contemporánea máis estimulante que se está a desenvolver no panorama musical de todo o mundo. Sons oníricos, ondas tropicalistas, rock alternativo, ritmos urbanos, power pop, rock minimalista, punk, R&B, afrobeat, psicodelia e numerosas músicas de raíz, entre outros estilos, soarán a partir do venres 26 na enseada de San Simón, nun evento no que a illa é cabeza de cartel.

    Apertura co escenario Océano

    A cita musical comezará mañá, venres 25 de xullo, cunha xornada especial que terá lugar no Porto de Vigo, concretamente no peirao Transversal, un espazo excepcional da paisaxe intra-extramuros da cidade.

    O escenario Océano, que así se denomina a iniciativa que nace a través da alianza entre Sinsal e Kaleido Logistics, contará desde as 20:30 horas cunha programación cultural na que se porá en valor o patrimonio industrial e a riqueza xeolóxica que se agocha nos terreos portuarios (con granitos procedentes de diferentes partes do mundo) da man do divulgador científico Eduardo González Clavijo e, ademais, ofrecerá a posibilidade de visitar unha instalación artística temporal a ceo aberto: un auditorio efímero. 

    Logo da visita guiada e dunha conversa con Xoán Martínez (director de xeral de Kaleido) e Iria Sobrino (arquitecta e urbanista implicada en proxectos na defensa do patrimonio industrial), o escenario Océano -no que haberá visuais xerados polo artista multidisciplinar Juanma Lodo– dará paso a un peche musical exclusivo coa música de Ombligo, un proxecto que conta cun relevante imaxinario musical expansivo e que percorre diferentes territorios sonoros. 

    As últimas entradas dispoñibles para esta singular cita, que conta con desconto dun 15% para as persoas usuarias do Carné Xove da Xunta de Galicia, pódense adquirir a través da páxina web de Sinsal.

    Visita do presidente da Deputación

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, destacou así o festival Sinsal, englobado na marca Rías Baixas Fest que patrocina o organismo provincial, como un «exemplo de sustentabilidade e unha das grandes fortalezas da oferta turística e cultural» da provincia ao conxugar, en tres días e nun espazo natural incomparable como a illa de San Simón, concertos de músicos de prestixio nacional e internacional, así como unha variada oferta gastronómica coa sinatura de cociñeiros e restaurantes locais.

    O mandatario provincial, acompañado pola deputada Sandra Bastos, realizou este martes un percorrido pola illa redondelana que serviu para coñecer as distintas ubicacións nas que terán lugar as variadas actividades do festival.

    Este evento, referencia de sustentabilidade ao ser distinguido no 2019 e 2023 como o festival máis sostible de España nos premios FEST, supón moito máis que tres días de concertos e actividades lúdicas e culturais. Supón unha fonte de riqueza e emprego na contorna da ría de Vigo, un recurso de referencia para captar visitantes e que contribúe a posicionar á provincia no mapa das grandes producións musicais a nivel nacional e internacional.

    Actividades paralelas

    A partir do venres 26, a actividade cultural do Sinsal SON Estrella Galicia 2024 desenvolverase integramente en San Simón. Alén das actuacións, que cada día serán diferentes, o festival ofrecerá ás e aos asistentes unha ampla e completa programación paralela divulgativa, dirixida a públicos de todas as idades, e que, dividida en tres liñas, porá en valor a recuperación do rexistro sonoro (A Escola Sinsal), a memoria e o patrimonio natural e histórico do arquipélago (Descubre San Simón) e a necesidade de transformar o modelo de consumo e xestión de residuos actual (#sinsalsenrastro). 

    Deste xeito, A Escola Sinsal, o proxecto do festival centrado na divulgación e recuperación da memoria sonora do século XX, propón unha exposición didáctica que percorre a traxectoria de música gravada en Galicia e na que participan 8 artistas do mundo do cómic (Emma Roulette, Begoña García-Alén González, Marta Cartu, Santi Zubizarreta, Pepa Prieto Puy, Andrés Magán, Rapapawn (Cynthia Alfonso e Óscar Raña) e Mar Mascaró); as sesións Malmequeres: rastrexando arquivos, que con casetes e cintas magnetofónicas recuperan arquivos sonoros domésticos e poñen en valor coleccións cun importante valor simbólico; e unha nova edición das Sesións San Simón, nas que, coa colaboración do experto Aleks Kolkowski, as bandas e solistas realizan gravacións breves nun cilindro de cera. O público pode asistir, ao vivo, ás mesmas.

    A segunda das liñas de actividades paralelas é Descubre San Simón, con propostas dirixidas a visibilizar a memoria e o patrimonio natural, cultural e histórico do arquipélago que conforman as illas de San Simón e Santo Antón. Boa parte deste eixo xirará arredor das figuras do compositor redondelán Reveriano Soutullo e do seu cuñado, o escritor e xornalista Diego San José de la Torre. Se ben o primeiro foi recoñecido polas súas achegas musicais -como a zarzuela La leyenda del beso, que celebra o centenario da súa estrea-, o segundo estivo preso no arquipélago.

    Eles serán os protagonistas da nova parada do Roteiro Descubre San Simón, un itinerario independente ideado polo festival para que as e os asistentes coñezan a memoria da illa, ao seu ritmo, mediante distintos paneis que se atopan espallados pola mesma. Ademais, a Orquesta Clásica de Vigo, que neste 2024 celebra o seu 40º aniversario, ofrecerá dous microconcertos de música clásica con arranxos da zarzuela de Soutullo e Vert especialmente adaptados para a ocasión, e que interpretarán un quinteto de metais (sábado 27) e un cuarteto de corda (domingo 28).  Por último, Descubre San Simón ofrecerá a posibilidade de gozar doutras dúas andainas guiadas durante a fin de semana: unha nomeada Illario pantasma (sábado 27), da man do investigador Xosé Lois G. Faílde, e outra acompañada por Amarturmar, a asociación de turismo mariñeiro (domingo 28).

    Finalmente, a liña vinculada á iniciativa de concienciación #sinsalsenrastro, ademais da promoción dun modelo de consumo e de xestión de residuos consciente (cuxa actividade informativa estará centralizada no Punto R), proporá dúas actividades baseadas na reutilización. Por unha banda, o venres 26 ás 18.00h, e coa colaboración de Aceites Abril, a chef Begoña Vázquez impartirá un showcooking no que mostrará como dar novos usos a alimentos e produtos, aproveitando todas as súas partes, á fin de minimizar o impacto ambiental. Pola outra, a Capela de San Simón acollerá nas tardes do sábado 27 e domingo 28 o obradoiro para público familiar Binomios fantásticos, unha proposta na que as e os participantes explorarán as diferentes posibilidades creativas, lúdicas e estéticas que ofrecen os materiais que reutilizarán durante a sesión, entre os que se inclúen obxectivos domésticos, retallos téxtiles ou mostrarios de madeira.

    Todas estas propostas que forman parte da programación alternativa aos concertos e os horarios pódense consultar neste ligazón. Ademais, durante o desenvolvemento do festival na fin de semana, a Deputación da Pontevedra -que integra Sinsal, con outros catro eventos, na súa marca Rías Baixas Fest-, contará cun stand informativo para dar conta das políticas de igualdade do ente provincial. 

    43

    Tags: Diputación de PontevedraFestivalisla de san simónmúsicaSinsal

    RelacionadosArtículos

    Vigo se convierte en el escenario de la  ‘Romería’ de Carla Simón
    Actualidad

    La Diputación dispara el gasto en cine para proyectar Pontevedra al mundo

    08 de Nov, 2025
    The Smokestackers cierran el Blues & Rías 2025
    Música

    The Smokestackers cierran el Blues & Rías 2025

    05 de Nov, 2025
    La Sala Rebullón vibrará con la llegada de Lord Bishop Rocks
    Música

    La Sala Rebullón vibrará con la llegada de Lord Bishop Rocks

    04 de Nov, 2025
    Una leyenda del pop latino aterriza en Vigo para celebrar sus 25 años de éxitos
    Música

    Una leyenda del pop latino aterriza en Vigo para celebrar sus 25 años de éxitos

    03 de Nov, 2025
    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV
    Espectáculos

    La obra maestra del terror que intentaron quemar resucita en Vigo de la mano de MusicaV

    27 de Oct, 2025
    Los Secretos anuncian el concierto final en Vigo antes de su adiós
    Música

    Los Secretos anuncian el concierto final en Vigo antes de su adiós

    25 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    La «salvaje» panorámica de la obra de Gol permitirá ver los primeros partidos del Celta desde el exterior
    Opinión

    Con el Mundial 2030 nos volveremos a equivocar

    "Esta grada de Tribuna, que está en azul, se retranquea unos 30 metros hacia afuera, es una gran bandeja con...

    por Fernando Torres Carbajo
    09 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR