O alcalde inaugurou este martes en dependencias municipais o curso da Escola Municipal de Danza na que se formarán 250 alumnos do total de 1.560 que cursan nas Escolas Municipais de Música e Artes Escénicas especialidades de artes e oficios, danza, música, música tradicional e teatro. O rexedor define a oferta como «moi importante» porque a través desta aprendizaxe vanse formando as persoas que manteñen «as pezas clave da cultura tradicional», engadindo que para o Concello é «unha satisfacción mantelas e aumentar o seu presuposto e a súa participación».