• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Chega a Vigo o «Outono Lírico 2014»

    Antonino García por Antonino García
    04 de Nov, 2014
    en Música
    0

    O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación do ‘Outono Lírico 2014’, un ciclo que ofrecerá un amplo programa de citas musicais e conferencia en Vigo ata o mes de xaneiro grazas á colaboración, entre outras entidades, do departamento de Cultura da Xunta de Galicia, que reforza ademais nesta edición o seu apoio á cita. Na rolda de prensa estiveron presentes, así mesmo, a delegada da Xunta na cidade da oliveira, Mª José Bravo Bosch; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e o presidente e vicepresidente da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, Pedro Pablo Gutiérrez e Daniel Diz, respectivamente.

    Durante a súa intervención o conselleiro salientou a importancia deste ciclo para enriquecer a oferta cultural da cidade «facilitando a chegada dun xénero, o lírico, que polas dimensións do espectáculo e o seu custe non adoita ter unha presenza moi asidua nos nosos escenarios, o que o converte nunha grande oportunidade para os afeccionados á música». Así mesmo, e referíndose ao apoio do seu departamento ao ‘Outono Lírico’, sinalou esta cita como unha clara mostra de que a programación cultural da Xunta non esqueceu esta cidade. «Impulsamos a programación da Real Filharmonía e da Sinfónica en Vigo, e apoiamos iniciativas como a que hoxe presentamos, poñendo de manifesto que o que fai a Consellería de Cultura e Educación é, precisamente, ampliar a oferta a disposición dos cidadáns de toda Galicia, sen ningún tipo de discriminación».

    Vázquez Abad valorou, ademais, o feito de que a edición deste ano do ciclo inclúa no programa a representación da ópera infantil, ‘Guillermo Tell’. «Como responsable que son tamén do departamento educativo da Xunta de Galicia estou convencido de que a mellor forma de achegar a cultura á cidadanía e crear uns hábitos de consumo culturais axeitados é facelo desde as idades máis temperás».

    Citas musicais e conferencias
    Organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Vigo, o ‘Outono Lírico 2014’ conta cun programa composto por citas musicais e mais conferencias arredor do xénero. Así o Teatro Sala de Concertos Afundación acollerá o 8 de novembro a representación da zarzuela de Vicente Leó ‘La Corte del Faraón’. Con dirección musical de Javier Corcuera e escénica de Lorenzo Moncloa, a interpretación correrá a cargo de Hevila cardeña, Carmen Aparicio, Carlos Crooke, Santos Ariño, Juan C. Barona, Paco Racionero e do coro e orquestra da compañía Nieves Fernández de Sevilla.

    O día 21 de decembro presentarase no mesmo a ópera ‘Lucia di Lammermoor’, de Donizetti, cun elenco que inclúe á soprano María José Moreno Miguel Borrallo, Arturo Pastor e José A. García, así como as interpretacións da Orquestra Sinfónica Vigo 430 e do Coro Universitario de Vigo. A dirección musical será de Francisco Moya e a escénica de Ignacio García.

    O ciclo musical rematará o día 11 de xaneiro coa adaptación a ópera infantil de ‘Guillermo Tell’, de Rossini, realizada pola compañía ‘La Baldufa’. O elenco estará conformado por Maria Planas, Marta Valero, Xavier Mendoza, Josep Ferrer, Emiliano Pardo, Ferrán López, Manel Ruiz, Jaume Cortadellas e Pau Vall.

    No referido ás conferencias, comezaron o pasado 28 de outubro cun relatorio do director artístico do Teatro Real arredor dos modelos internacionais de xestión da ópera. O programa continuará o 11 de novembro cos críticos Arturo Reverter e Victoria Stapells, á fronte do relatorio ‘Kathleen Ferrier: Sentido y sensibilidad. La contralto que hizo llorar a Bruno Walter»; mentres que o 18 de novembro será a quenda do crítico e musicólogo José Luis Téllez con ‘Gluck’; e o 25 de novembro da blogueira Silvia Pujalte con ‘Desmitificando a Strauss’.

    Xa no mes de decembro, e como previo á representación da ópera, celebrarase unha mesa redonda na que, baixo o título ‘Lucia: el deseo y la muerte’, contará coa participación de membros do elenco de ‘Lucia di Lammermoor’. A última das conferencias celebrarase o 13 de xaneiro, e nela o presidente da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, Pedro Pablo Gutiérrez, afondará nas últimas óperas de Rossini.

    43

    RelacionadosArtículos

    Solución para Vitrasa
    Local

    Exigen un cambio radical en el bus urbano tras la pérdida de 1,3 millones de usuarios en un lustro

    11 de Feb, 2026
    La Audiencia ordena el ingreso en prisión del exfuncionario condenado por el ‘caso cuñada’
    Local

    El acusado de estafar con falsos alquileres en Vigo era un viejo conocido de la Policía por casos similares

    11 de Feb, 2026
    Elena Comesaña presenta en Vigo la novela inspirada en la historia real que ilumina las cicatrices de la Guerra Civil en la ciudad
    Cultura

    Crónica del asfalto y el mito: la canción americana toma el Casco Vello de Vigo

    11 de Feb, 2026
    Cientos de «fochancas» colonizan la A-55: así está la lamentable y bochornosa autovía entre Vigo y Porriño
    Local

    Luisa Sánchez denuncia el «engaño masivo» de Caballero con los presupuestos del 2025: «Sin gastar 90 millones en obras y todo lleno de fochancas»

    11 de Feb, 2026
    Caballero anuncia la transformación del Mar de Vigo: 2.500 metros para «uso ciudadano»
    Local

    Caballero anuncia la transformación del Mar de Vigo: 2.500 metros para «uso ciudadano»

    11 de Feb, 2026
    La coral de Candeán, Mingos Teixeira y Patricio Sánchez Bello, se unen a la lista de Vigueses Distinguidos de 2026
    Local

    La coral de Candeán, Mingos Teixeira y Patricio Sánchez Bello, se unen a la lista de Vigueses Distinguidos de 2026

    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    El reventón de un colector de pluviales, causa del socavón en la Avenida de Madrid

    Las calles de Vigo se hunden por falta de mantenimiento y reclaman a Caballero que actúe

    por Redacción
    09 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta
    Más Vigo

    La histórica nevada en Ponteareas en los años sesenta

    En esta época invernal del 2026, con intensos fríos e inacabables borrascas, a muchas personas les viene el recuerdo de...

    por Julio Alonso
    11 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR