• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    sábado, 24 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    FESTIVAL DE JAZZ DE CANGAS

    Cartel internacional de luxo para o Canjazz 2024

    Os concertos principais comezarán este domingo ás 22:00 horas no Eirado do Costal e as aperturas das jam sessions ás 23:30 en diferentes locais da vila
    Redacción por Redacción
    14 de Ago, 2024
    en Música
    0
    Cartel internacional de luxo para o Canjazz 2024

    A 27ª edición do Festival de Jazz de Cangas, Canjazz 2024 comenzará este domingo, 18 de agosto, nunha nova edición que ofrece un cartel de catro días con propostas que abranguen dende o jazz máis clásico ata as tendencias máis experimentais e contemporáneas.

    Así, o Canjazz 2024 celebrarase do 18 ao 21 de agosto no Eirado do Costal e un ano máis destaca pola súa diversidade de estilos, raíces e culturas, cunha gran presenza de artistas internacionais.

    Programa Canjazz 2024

    O domingo 18, o festival comezará co jazz máis experimental de mans de Raw Fish, grupo danés-italiano que combina punk, indie rock e música improvisada “nunha nave espacial”. Aseguran que tras os seus concertos, non é raro escoitar comentarios como «Que loucura», «Foi incrible» ou «Que raio foi iso!». Formado polo guitarrista Teis Semey, o batería Giovanni Iacovella e a ecléctica cantautora Marta Arpini, este trío navega sen esforzo por terras descoñecidas e sons nunca antes escoitados. Armados cun beatmaker MPC, guitarras, sintetizadores, batería e un portátil presentarán o seu álbum debut, «Crudo» (Loumi Records), lanzado o 26 de abril de 2024.

    A continuación poderemos escoitar na Taberna Cambika a Los Guachos, banda composta polo trompetista arxentino Gabriel Saitto e os vigueses Guillermo Guerrero (guitarra), Juan Alonso (contrabaixo) e Juan Guerrero (batería). Interpretarán temas propios e arranxos influenciados polo folclore sudamericano e o hard bop. Ao remate, terá lugar unha jam session.

    O luns 19, o Eirado do Costal acollerá a actuación de CU4TRO, banda formada por catro pesos pesados do jazz. No escenario estarán o saxofonista cubano Ariel Brínguez, gañador de tres Grammys; o virtuoso guitarrista extremeño Javier Sánchez; o contrabaixista cubano Gastón Joya; e o batería bilbaíno Borja Barrueta, colaborador habitual de artistas como Perico Sambeat, Javier Colina ou Jorge Drexler. Este cuarteto naceu da vontade de xuntar sensibilidades afíns para crear unha música que transcende xéneros e fronteiras, explorando un folclore universal que nos conecta a través do tempo e o espazo.

    A velada seguirá unha noite máis na Taberna Cambika, co proxecto liderado pola cantante, compositora e ilustradora compostelá Gloria Pavía. Nesta ocasión a artista tocará a cuarteto acompañada por Héctor Agulla (batería), José Manuel Díaz (contrabaixo) e Dani Font (guitarra) cos que interpretará clásicos do jazz e da música moderna.

    O martes 20 poderemos desfrutar da actuación de cantante británica de orixe irlandesa e palestina Sara Dowling, unha das voces máis relevantes e con maior talento de Europa, recoñecida en 2019 como mellor vocalista nos British Jazz Awards. O seu son é unha animada fusión de nostálxicas harmonías clásicas e intensos ritmos post-bop americanos de finais dos 60. Pode presumir dunha voz cunha enerxía irresistible, potente e segura, e un enorme poder comunicativo e musicalidade innata. A formación complétase co prestixioso pianista Albert Sanz, o contrabaixista Dario Di Lecce e o batería Esteve Pi.

    A noite continuará no Ghato de Mar co concerto de Daniel Corral Modern Trio. Daniel Corral no piano, Diego Nogueira no baixo e David Taboada na batería, forman un trío moi influenciado por diferentes xéneros do Jazz, compaxinando algúns famosos standards cun repertorio moderno que os sintetiza dando un toque actual.

    A última noite, mércores 21, será a quenda do proxecto liderado pola contrabaixista galego cubana Yudit Almeida, que presentará o “Canto das Sereas”. Este é un  proxecto de jazz programático composto por Almeida e interpretado xunto ás sereas Joana Raquel (voz), Teresinha Sarmento (voz) e Catarina Rodrigues (piano); e o tritón Gonçalo Ribeiro (batería). Ela mesma defíneo como “unha revolución pacífica que busca a xustiza para todos os seres a través de sons de diferentes partes do mundo, co obxectivo de harmonizar as nosas diferenzas, así como fai a música.”

    O Canjazz 2024 rematará como vén sendo habitual nos últimos anos cun concerto e jam session no Chiringo de Massó. O crooner Abel Trigó, nado en Alemaña e con orixes galegas, presentará o seu traballo “Brave New World” publicado polo selo berlinés Optical Records, no que se acompaña do pianista Sunil López, o contrabaixista Xurxo Estévez e o batería Roi Adrio. Trigó ten unha ampla traxectoria musical e un estilo que recorda a Mark Murphy, Sinatra ou Tony Bennett.

    43

    Tags: CangasCanjazzjazzmúsica

    RelacionadosArtículos

    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío
    Música

    La Orquesta Vigo 430 inaugura su temporada con un viaje al Romanticismo tardío

    21 de Ene, 2026
    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra
    Música

    Vigo suma una nueva fecha a su cartel musical más íntimo: Gara Durán se une a los Momentos Alhambra

    19 de Ene, 2026
    No mires a los ojos de Pablo López
    Música

    Pablo López reaviva su idilio con Vigo este fin de semana

    16 de Ene, 2026
    Dos personas intoxicadas por humo al acudir en ayuda para sofocar un incendio en una vivienda
    Cangas

    Fallece un ciclista al sufrir una caída en Cangas

    10 de Ene, 2026
    Vigo sigue mejorando su incidencia acumulada pero Cangas se instala en riesgo alto
    Morrazo

    El personal médico para Cangas y Moaña «no es una prioridad», denuncian los sindicatos

    09 de Ene, 2026
    El espíritu de Siniestro Total despide el año en La Fábrica de Chocolate
    Música

    El espíritu de Siniestro Total despide el año en La Fábrica de Chocolate

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    Tras ‘inventar’ la Navidad, Vigo pone el foco en un nuevo objetivo

    por David Augusto
    22 de Ene, 2026
    0

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    Una constructora de A Coruña se apodera ya de las obras para transformar el icónico hotel Bahía de Vigo

    por Redacción
    21 de Ene, 2026
    0

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    El rural de Vigo se une a la tendencia de transformar locales en viviendas: Beade gana dos pisos

    por Redacción
    19 de Ene, 2026
    0

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    Radar, cambio de velocidad y obras: la VG20 viguesa se convierte en una encerrona

    por Redacción
    18 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Recordando el colegio Mezquita
    Más Vigo

    Recordando el colegio Mezquita

    Pocas personas saben que la ubicación del segundo edificio de la izquierda, el que acoge un conocido bingo en su...

    por Julio Alonso
    24 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Verdades y mentiras del «Polycommander»
    Más Vigo

    Verdades y mentiras del «Polycommander»

    “No juegues en la orilla, que te mancharás de piche”. Toda una generación de vigueses escuchó en la playa una...

    por Eduardo Rolland
    17 de Oct, 2020

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles
    Más Vigo

    El Cable Alemán (D.A.T.): Vigo y el Tratado de Versalles

    El Tratado de Versalles fue el acuerdo firmado en París en 1919, mediante el cual se puso fin a la...

    por Fernando Torres Carbajo
    27 de Feb, 2015

    LIBROS

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción
    Libros

    Agency, de William Gibson: vuelve el maestro de la ciencia ficción

    «Cuando te acaban de contratar, pasas a un estado liminal de existencia, recordó Verity en el andén de la estación...

    por Gabriel Romero de Ávila
    24 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    CAAN rescata a nove cachorros, dous de eles nunha fosa gandeira
    Opinión

    El maltrato animal denigra el alma humana y convierte a los humanos en monstruos cobardes y despreciables

    Por María M. Adeva Los seres humanos han basado su bienestar en el vil y cruel sometimiento y explotación de...

    por Cartas al Director
    24 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR