O programa completarase con obras de Vivaldi, un dos autores máis recoñecidos da música barroca, e Haydn, coñecido como o “Pai da Sinfonía” por ser o autor máis prolífico deste xénero en toda a historia da música.
A sección de corda será a protagonista do concerto deste sábado, que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 20.30 horas. Nel, poderase escoitar The Fairy Queen (Suite) (A raíña das Fadas), de Henry Purcell, o Concerto para óboe en re menor; op. 8 n.º 9, de Antonio Vivaldi e a Sinfonía n.º 45 en fa sostido menor, de Franz Joseph Haydn. Estará dirixido por Manuel Martínez Álvarez-Nava e o oboísta David Garrido Caneiro será quen execute a pasaxe solista.
As entradas xa están á venda a través de internet dende 10 euros. Os menores de 30 anos poderán adquirilas por 3 euros o mesmo día do concerto na propia billeteira.
A próxima cita, o 4 de maio
A agrupación volverá aos escenarios o sábado 4 de maio no teatro García Barbón. Nesta ocasión, regresará ao século XX a través de dous compositores coetáneos, Francis Poulenc e George Gershwin, e contará coa presenza de dous pianos de cola que farán deste concerto un espectáculo musical incomparable.