• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    martes, 13 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Miteu e o festival Sonora’22, as grandes apostas da programación cultural desta primavera na UVigo

    Desde o 30 de marzo ata o 5 de maio o Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria acollerá múltiples representacións e concertos, gratuítos e abertos ao público en xeral
    Redacción por Redacción
    25 de Mar, 2022
    en Cultura
    0
    Miteu e o festival Sonora’22, as grandes apostas da programación cultural desta primavera na UVigo

    A estrea será o mércores coa obra 'Xeración C' da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. /Foto: Duvi

    A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, Miteu, que este ano acada xa a súa XXIV edición, e o festival Sonora’22 volven ser as dúas grandes apostas da Universidade de Vigo para a súa programación cultural de primavera. As actividades arrancarán o vindeiro mércores 30 da man da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, que será a encargada de levantar o pano da nova edición da Miteu coa representación da obra ‘Xeración C’. A partir de aí, ata o vindeiro 5 de maio, o Teatro Vidal Bolaño da Cidade Universitaria acollerá múltiples representacións e concertos, gratuítos e abertos ao público en xeral.

    A cita grande coa música será o 21 de abril con Sonora’22, “que este ano chegará da man de dúas propostas da nova etapa da música feita en Galicia e que está sorprendo ao mundo”, tal e como explica o técnico superior de Actividades Culturais, Alfonso Caride, recalcando así, “unha vez máis”, a aposta da Universidade pola emerxente música galega, se ben, o cartel definitivo de Sonora’22 non se dará a coñecer ata próximas datas.

    Tras dous anos de pandemia, a nova edición da Miteu supón o regreso á mostra das compañías de fóra de Galicia, algo que era clásico pero que as restricións sanitarias impediron nas últimas edicións. O regreso terá lugar coa compañía portuguesa Circulo de Iniciaçao Teatral da Academia de Coimbra, o 4 de maio, que representará a obra ‘CaosTM’, e coa Aula de Teatro da Universidad Pública de Navarra, con ‘Arrabaladas‘, de Fernando Arrabal (Melilla, 1932), galardoado co Premio Nacional de Teatro en 2001, unha degustación de escenas que representan distintas fases da súa actividade profesional e creativa, desde a década de 1950 ata a actualidade.

    Este será tamén o ano no que se vai recuperar a Aula de Teatro do Campus de Pontevedra, coincidindo así na mostra as aulas de teatro dos tres campus da Universidade de Vigo. Os primeiros en actuar, o 6 de abril, serán as actrices e actores do grupo Maricastaña, o nivel 3 da Aula de Teatro Universitaria de Ourense coa obra ‘O parke do crepúskulo’, dirixida por Fernando Dacosta e na que se reflexiona sobre o legal e o moral. A obra, que se estreou esta mesma semana no 26 ciclo de Teatro Universitario da Beira Interiror -en Covilha, Portugal-, é unha inspiración libre da obra de Paul Auster ‘Sunset Park’, publicada en 2010, e na que se contan as relacións e a vida dun grupo de persoas que viven como okupas nunha casa abandonada en Sunset Park, Brooklyn.

    A estrea da Aula Universitaria do campus de Pontevedra será o 27 de abril coa obra ‘Nosa Señora das Nubes‘, unha dramaturxia dirixida por Salvador del Río na que se tratan, fundamentalmente, dous temas: a memoria e o exilio. Cun elenco composto por trece persoas a peza arranca co encontro duns exiliados nun espazo e tempo indeterminado e, a partir de aí, van reconstruíndo o seu pasado lembrando os feitos que aconteceron no pobo do que son orixinarios: Nosa Señora das Nubes.

    Baixo a dirección de Casilda Alfaro e Sonia Rúa, a Aula de Teatro Universitaria do campus de Vigo, representará o xoves 28 de abril a obra ‘Emigrados’, realizada a partir dos textos de Anxos Sumai, Candido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro e Xosé Manuel Pazos. Neste caso trátase dunha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que dende o tratamento específico da migración, do retorno, do desarraigamento, compoñen un cadro xeral que que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón estoutro xeito de “exilio”.

    As diferentes representacións levaranse a cabo no Teatro Vidal Bolaño ás 18.30 horas. A estrea será o vindeiro mércores con ‘Xeración C’, unha dramaturxia da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, ESADG, dirixida por Sara Rey e cun elenco composto por Andrea Blanco, Iago Lavandeira, Nacho Pena, Yaiza Portela, Ana San Fernando e Sabela Solla. Partindo da pregunta E ti… onde estarías se mañá rematara o mundo?, o argumento xira en torno ás etiquetas ás que se adhiren as persoas ou que lle impoñen desde que nacen.

    43

    Tags: UVigoUVigoé

    RelacionadosArtículos

    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Actualidad

    El CESGA cooperará con UVigo y USC con la creación de dos laboratorios cuánticos compartidos

    12 de Ene, 2026
    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico
    Local

    La primera ‘Valedora’ de la Universidad de Vigo dimite ante un bloqueo histórico

    12 de Ene, 2026
    La UVigo escala casi 100 puestos a nivel mundial y ya es la octava más sostenible de España
    Local

    El Supremo reconoce el derecho a la subida salarial del personal investigador de la UVigo

    12 de Ene, 2026
    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde
    Local

    La Universidad de Vigo se consolida como referente verde

    08 de Ene, 2026
    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia
    Local

    La UVigo acuerda la aprobación definitiva de su presupuesto para 2026, el más alto de su historia

    29 de Dic, 2025
    Ayuda por hijo a cargo: cuándo se cobra y cómo solicitarla
    Local

    Un estudio de la UVigo defiende ampliar la deducción fiscal de 100 euros por hijos hasta los 6 años

    26 de Dic, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    Una conocida empresa local ejecutará una nueva urbanización y mirador a la Ría de Vigo

    por Redacción
    07 de Ene, 2026
    0

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    Uno de los mejores bocadillos de Galicia cambia de ubicación

    por David Augusto
    10 de Ene, 2026
    0

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    Nueva fase para Barrio do Cura: sin obstáculos para construir ya el parking público de 300 plazas

    por María Alonso
    09 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Rebajas de Vigo
    Más Vigo

    Rebajas de Vigo

    Esta fotografía da testimonio de la aglomeración de gente que llenó las calles de Vigo durante los primeros días de...

    por Julio Alonso
    12 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    Cultura

    «Esencia» de Sergio López Vidal, tercer premio del I Certamen de Relatos de VigoÉ

    Sergio López Vidal ha recibido el tercer premio del I Certamen Literario de Relato Corto de VigoÉ con su relato «Esencia». Como...

    por Redacción
    12 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR