• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 7 de enero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
    libros

    Una «axeitada viaxe» pola rebeldía, dignidade e feminismo de Xela Arias

    A sede da Deputación en Vigo acolleu a presentación da obra “Xela Arias. Poeta e tradutora”, o libro do profesor Anxo Xoán Rajó que lanzou a editorial Ir Indo para homenaxear á escritora no gallo das Letras Galegas
    Redacción por Redacción
    09 de Feb, 2022
    en Libros
    0
    Una «axeitada viaxe» pola rebeldía, dignidade e feminismo de Xela Arias

    Presentación na sede da Deputación en Vigo do libro sobre Xela Arias de Anxo Rajó editado por Ir Indo. / Fotos: Deputación de Pontevedra

    Unha “axeitada viaxe” pola biografía dunha muller única que nos deixou unha poesía “singular, transgresora e cun berro de liberdade e denuncia”. Así definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a obra “Xela Arias. Poeta e tradutora”, o libro do profesor Anxo Xoán Rajó que lanzou a editorial Ir Indo para homenaxear á escritora no gallo das Letras Galegas, e que esta tarde se presentou na sede da institución provincial en Vigo nun acto que foi arroupado por unha nutrida representación do mundo da cultura da cidade olívica. A rebeldía, a forza, a dignidade e o feminismo que emanaba Xela Arias estiveron moi presentes na presentación tanto nas intervencións do autor e da presidenta provincial, como no recordo da súa obra a través da lectura de varios textos e poemas que protagonizou Natalia Barros, alumna de 2º de Bacharelato de Artes do IES Valadares de Vigo.

    A publicación de Ir Indo enmárcase na súa colección “Galegos na Historia” e nela Anxo Rajó fai un percorrido pola vida e obra de Xela Arias desde o seu nacemento e primeiros anos de vida ata a súa morte. Os recordos intercálanse con poemas e textos da autora e fotografías tanto persoais como de actos públicos, entre eles recitais e xuntanzas con outras autoras, que aportou Xulio Gil, parella de Xela. Para a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que participa cun saúda no libro, a homenaxe das Letras Galegas a Xela Arias foi “un xusto recoñecemento a unha muller que, na súa pronto interrompida vida literaria, deixou un importantísimo legado poético referente para futuras e aínda presentes xeracións”.

    “A poesía de Xela Arias é necesaria –engadiu-, e foxe veloz coma un cabalo para falar de fronte coas desigualdades, sen etiquetas e sen opresión, para denunciar que ela, como o resto das mulleres, viven nun (des)equilibrio público e privado nas terras de ninguén que chaman ás casas: os vosos fogares, asolados de compromisos tan, tan antigos”. Carmela Silva lembrou a autora como pioneira en moitos aspectos, entre eles entender a poesía como unha viaxe sen fronteiras cara a novos espazos ou manifestacións artísticas, e tamén incidiu na súa faceta “intempestiva” e “loitadora” e como referente da loita “feminina e feminista dende ti mesma”: “A súa contribución á renovación da poesía galega dende a temática e a estética faise patente nas voces femininas que se ergueron con ela, as que viñeron en colectivo e en plural na década seguinte e coas que convivimos hoxe como unha auténtica rebelión nos versos”. Queda moito por avanzar, apuntou Carmela Silva, “porque hai poemas que se puideron escribir hai cen anos, pero só nós _as mulleres do presente_, non poderiamos escribir o que escribimos hai cen anos”.

    No acto, que contou cun coloquio moderado polo propietario da editorial Ir Indo, Bieito Ledo, o autor do libro, Anxo Rajó, destacou a ideoloxía da poesía de Arias e, entre outras, a súa faceta feminista “nun momento difícil e moi diferente ao de hoxe, porque eran poucas as mulleres que tiñan a posibilidade de subir a un escenario e falar disto”, así como a “dignidade” que da título a un dos seus poemas e que marcaba a súa personalidade e que reivindicaba na súa obra: “dignidade para a muller, dignidade para Galicia, para o idioma galego e para a nosa cultura”. O escritor, que compartiu aulas con Arias na universidade en Vigo, lembrou que para ela, “a escrita era un elemento liberador” e destacou tamén a discreción que sempre caracterizou a autora e a súa “rebeldía controlada”. “Foi unha muller moi rebelde no seu momento, porque abandonou os seus estudos a unha idade á que non se soe facer e decidiu tomar o seu propio camiño. Era rebelde pero sabía o que quería facer”.

    A intervención do profesor de Lingua e Literatura Galega, que agradeceu especialmente a axuda de Xulio Gil e o fillo da autora, Darío, para elaborar o libro, foi intercalándose coa lectura de dous textos, e dous poemas de Xela Arias a cargo da alumna Natalia Barros. En concreto, dos poemas “Onde o vento sementou eguas” e “A marea miseria invade global Galicia” (en referencia á marea negra do Prestige) e os textos “Escribir para min é un acto de liberdade” e “Creo en galego o camiño dos poetas”. Para Rajó,”aínda queda moito por investigar” sobre Xela Arias, en especial na súa prosa.

    43

    Tags: Deputación de PontevedraXela Arias

    RelacionadosArtículos

    La Diputación de Pontevedra cierra el año de ‘SmartPeme’ con cinco nuevos talleres online
    Actualidad

    La Diputación impartirá 34 formaciones sobre bienestar emocional en 19 centros educativos

    06 de Ene, 2026
    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”
    Deportes

    Luis López e Luisa Sánchez presentan os deportistas, os clubs, as infraestruturas e os eventos como “os catro piares da provincia do deporte”

    29 de Nov, 2025
    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas
    Actualidad

    A Deputación alíase coa IA para blindar a calidade do turismo en Rías Baixas

    12 de Nov, 2025
    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros
    Actualidad

    La Diputación aprueba los presupuestos más altos de su historia, 238,6 millones de euros

    07 de Nov, 2025
    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida
    Local

    Mejoras para una carretera que cruza Vigo desde O Calvario hasta A Garrida

    02 de Nov, 2025
    Local

    Caballero exige «ya» más millones a Xunta y Diputación para el estadio de Balaídos

    30 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    «Absoluta decepción» e «inocentada»: así califica la oposición de Vigo el nuevo contrato del bus urbano

    por Redacción
    30 de Dic, 2025
    0

    Vigo se convierte en el mercado más exclusivo de Galicia con una subida de un 9% en el precio del alquiler

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    Rincón de Vigo que ya no existe

    Rincón de Vigo que ya no existe

    por Julio Alonso
    06 de Ene, 2026
    0

    Calendario laboral en Vigo: el año 2026 se estrena con varios puentes festivos

    por Redacción
    02 de Ene, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    Las antiguas butacas del cine Fraga
    Más Vigo

    Las antiguas butacas del cine Fraga

    Estas son las antiguas butacas del cine Fraga, de Vigo. Son auténticas, pero acusan el uso y el paso del...

    por Julio Alonso
    07 de Ene, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 4

    HISTORIA DE VIGO

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo
    Más Vigo

    Un fugitivo nazi que huyó de incógnito por el puerto de Vigo

    El puerto de Vigo fue tras la Segunda Guerra Mundial un lugar de evacuación de fugitivos nazis. La España de...

    por Eduardo Rolland
    25 de May, 2024

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás
    Más Vigo

    Bernardo Alfageme: de Zamora a Vigo con escala en Candás

    Bernardo Alfageme Pérez era un zamorano que pronto se dedicó al comercio entre su tierra y la costa asturiana. Compraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    21 de Feb, 2015

    LIBROS

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder
    Libros

    10 novelas y cómics de aventuras de 2025 que no te puedes perder

    Se acaba un año que nos ha traído grandes publicaciones en cuanto a novelas y cómics de aventuras. ¿Cuáles son...

    por Gabriel Romero de Ávila
    03 de Ene, 2026

    OPINIÓN

    La comunidad venezolana sale a la calle en Vigo en solidaridad con María Corina Machado
    Opinión

    La cola del consulado (II)

    En mayo de 2023 publiqué en esta misma casa un artículo titulado "La cola del consulado". En el mismo narraba...

    por Fernando Torres Carbajo
    05 de Ene, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR