• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    domingo, 9 de noviembre de 2025
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Recuperan unha novela inédita de Méndez Ferrín que provocou o seu encarceramento

    Logo de máis de medio século de esquecemento, foi descuberta en Salamanca a obra ‘Os corvos, a figueira e a fouce de ouro’
    Redacción por Redacción
    22 de Abr, 2020
    en Libros
    0
    Recuperan unha novela inédita de Méndez Ferrín que provocou o seu encarceramento

    Tres libros de Mao-Tse-Tung; dúas revistas sobre Cuba; un libro sobre Hô-Chi- Minh; o poemario Os nenos do Vietnam de Farruco, pero sobre todo tres exemplares da súa novela inédita de 41 páxinas e asinada co seudónimo de Laín Feixóo, ‘Os corvos, a figueira e a fouce de ouro’, custáronlle a Xosé Luis Méndez Ferrín ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal.

    Corría o ano 1969 nunha España na que se decretara o estado de excepción e aínda que o autor, na súa primeira declaración no mes de xaneiro na comisaría de Vigo, no proceso iniciado polo Tribunal de Orden Público, manifestou que se trataba dunha ficción alegórica, baseada en feitos reais, e que nunca pensara en publicar, a sentenza, que inclúe un detallado repertorio de fragmentos tirados da novela, condenou ao escritor por un delito de propaganda ilegal. Cumpridas as penas de prisión ás que Ferrín foi condenado, primeiro no centro penitenciario de dilixencias de Vigo e posteriormente na colonia penitenciaria de El Dueso en Santoña, os tres exemplares, así como a tradución encargada a Francisco Fernández del Riego polo xuíz instrutor do Tribunal de Orden Público, de ‘Os corvos, a figueira e a fouce de ouro’, caeron no esquecemento.

    Transcorreron, dende entón, máis de 50 anos, ata que o docente e investigador da Universidade Vigo Fernando Ramallo, logo dunha conversa co propio Méndez Ferrín en marzo de 2018, inicia un proceso que culmina a finais de 2019 coa localización, primeiro, e a restauración, posteriormente, da obra inédita do escritor ourensán. “Pasados máis de cincuenta anos, a novela que serviu como proba para a acusación e que levou a Xosé Luis Méndez Ferrín a prisión permanece inédita e durante todo ese tempo, formou parte da documentación relacionada co caso nos fondos do que actualmente se coñece como Centro Documental da Memoria Histórica, dependente da Secretaría de Estado de Cultura con sede en Salamanca”, detalla Ramallo, que a finais de 2018 recibiu a confirmación de que a novela fora localizada. Con todo, as novas non eran de todo boas: co paso dos anos, a obra quedara convertida nun bloque compacto por efecto da humidade, o que tamén derivara na presenza de microorganismos diversos como fungos ou insectos, razóns polas que o equipo de restauración do Archivo Provincial de Salamanca desaconsellaba por completo a súa manipulación.

    Restauración
    Dedicada a “O Piloto, derradeiro guerrilleiro e Galicia, abatido a tiros en Belesar (Lugo) no ano 1954. Na memoria de Foucellas, Ponte, Raul, Bailarín, Curuxás e tódolos xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade, a democracia da NACIÓN GALEGA e morreron”, da novela ‘Os corvos, a figueira e a fouce de ouro’ unicamente transcenderan ata entón os fragmentos recollidos na sentenza contra Ferrín e nos que se suceden as referencias explícitas ao antifascismo, á democracia, á revolución, aos maquis galegos asasinados, á Falanxe, ao republicanismo, á relixión ou ao nacionalismo galego.  Unha vez localizada en Salamanca  e confirmado o deterioro que sufrían as copias e a tradución da obra, o seguinte paso estaba claro.

    “Informóusenos de que o proceso de restauración tería que ser tramitado perante o Arquivo Histórico Nacional, e que, de aceptarse suporía un logo período de tempo. A nosa resposta foi insistir na opción de restaurar o manuscrito máis aló da demora temporal que iso puidese carrexar e para achegar máis consistencia á solicitude, informamos da relevancia da obra literaria de Xosé Luis Méndez Ferrín, cunha explícita referencia a súa candidatura ao Premio Nobel de Literatura en numerosas convocatorias”, detalla, o tamén director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Fernando Ramallo. Tras a confirmación, en xuño de 2018, de que a obra fora finalmente enviada ao Laboratorio de Restauración del Archivo Histórico Nacional, o proceso de recuperación dilatouse ata mediados de setembro de 2019, e dous meses despois “recibimos as imaxes dixitais solicitadas, incluída a totalidade das relacionadas coas dúas copias da novela e unha copia da tradución, o que nos permitiu o labor de estabilización do manuscrito, isto é a súa edición”, explica Ramallo.

    O “rigor e exhaustividade” do traballo de restauración do Archivo Histórico Nacional, non puido, non obstante, impedir que partes das dúas copias da novela fosen irrecuperables. A pesar desta circunstancia, “decatámonos dunha extraordinaria casualidade, sen a cal, o noso traballo de estabilización tería sido moito máis feble. Os dous exemplares estaban danados en partes próximas, especialmente na metade superior de cada unha das follas, mais en lugares diferentes. Esta ‘complementariedade’ dos fragmentos irrecuperables permitiunos unha edición sobre a que apenas tivemos que deixar partes en branco, por seren ilexibles nos dous textos”, detalla Ramallo. Pero por se esta “complementariedade” das copias non fose “un feito extraordinario en si mesmo” asegura o docente e investigador, na meirande parte dos fragmentos nos que era imposible a recuperación a partir dos manuscritos, puido recorrerse á tradución de Del Riego, que apenas se viu afectada polos microorganismos, que si danaran as follas nas que Méndez Ferrín mecanografara a súa novela.

    Con apenas unha poucas palabras que non foi posible clarexar, a novela transcribiuse completamente, acordándose ademais co autor facer unha transcrición literal, respectando integramente os fragmentos perfectamente lexibles nos manuscritos, estivesen ou non de acordo coa normativa actual e marcando con cores diversas as partes construídas, incluídas as tomadas da tradución.

    “Animamos ao seu autor que a faga pública”
    Rematado este traballo, do que Fernando Ramallo dá conta exhaustivamente no artigo ‘De arquivos, memoria e literatura política: a recuperación da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luis Méndez Ferrín’, que se publicará en A Trabe de Ouro, o investigador anima ao seu autor a que faga pública a novela. “Na nosa opinión, o texto, alén do seu innegábel valor literario, ten un valor histórico de primeira magnitude, polo que animamos ao seu autor a que a faga pública. Confiamos que así sexa, porque a súa publicación será o punto final da restauración e, asemade, Galicia quedará agradecida”, asegura Ramallo.

    O docente tamén agradece e recoñece o traballo desenvolvido polos arquivos, “polo seu labor central na preservación, coidado e mantemento de todo tipo de documentación”, e para os que pide que non se escatimen esforzos públicos no seu fortalecemento.

    43

    Tags: LibrosliteraturaXosé Luís Méndez Ferrín

    RelacionadosArtículos

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    07 de Nov, 2025
    Cómo logré el equilibrio en la vida con Headway
    Ciencia y Tecnología

    Cómo logré el equilibrio en la vida con Headway

    03 de Nov, 2025
    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder
    Libros

    15 novelas y cómics de aventuras publicados en octubre que no te puedes perder

    02 de Nov, 2025
    El Hematofesti anuncia cinco días de humor y literatura infantil con un cartel de estrellas
    Cultura

    El Hematofesti anuncia cinco días de humor y literatura infantil con un cartel de estrellas

    27 de Oct, 2025
    Un novela viguesa nos lleva a México para revivir la historia de Massó
    Libros

    De Cangas a México: la última novela de Xaime Fandiño se descubre en el Salón de Plenos

    08 de Oct, 2025
    Vigo une literatura y videojuegos gracias a un encuentro transversal
    Cultura

    Vigo une literatura y videojuegos gracias a un encuentro transversal

    04 de Oct, 2025

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 11

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 2

    Más Vistos

    Visto bueno a la nueva superficie comercial de Vigo: 14.000 m2 en Navia con hipermercados y restauración

    por Redacción
    02 de Nov, 2025
    0

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    La Xunta invierte para blindar el acceso a las playas de Vigo

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    Paso al frente de la Xunta para construir en Vigo un edificio de alojamientos compartidos y temporales

    por Redacción
    05 de Nov, 2025
    0

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    Los querubines del Paseo de Alfonso preparan las maletas tras casi un siglo de espaldas a la ría

    por Redacción
    03 de Nov, 2025
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    A la espera de alguna erupción
    Más Vigo

    A la espera de alguna erupción

    Esta fotografía muestra los conocidos volcanes ubicados al final de la Avenida de Castelao, en la ciudad de Vigo. Se...

    por Julio Alonso
    07 de Nov, 2025

    HISTORIA DE VIGO

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956
    Más Vigo

    Vigo, en las imágenes aéreas del Vuelo Americano de 1946 y 1956

    No son las primeras imágenes aéreas de Vigo, pero sí las primeras que se utilizaron para trazar mapas de la...

    por Eduardo Rolland
    09 de Ene, 2021

    VIGO EN OTRA ÉPOCA

    Más Vigo

    Tranvías Eléctricos, una empresa emblemática de nuestra ciudad

    Sería el final de un transporte que había durado 54 años. La empresa había intentado llegar a un acuerdo con...

    por Fernando Torres Carbajo
    17 de Oct, 2015

    LIBROS

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza
    Libros

    El teatro comunitario de Galicia se hace libro en Évame Oroza

    La escena cultural de Vigo se prepara para acoger un evento que trasciende lo meramente editorial. Este sábado, 8 de...

    por Redacción
    07 de Nov, 2025

    OPINIÓN

    Luisa Sánchez, candidata del PP de Vigo: «Mi vocación es de permanencia. Vengo para quedarme»
    Opinión

    Estimada Luisa

    Estimada Luisa, me llamo Xoán y soy de Vigo, de toda la viga (perdón), de toda la vida. Vivo en...

    por Xoán López
    08 de Nov, 2025
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR