• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    sábado, 1 de abril de 2023
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result
  • Poesía, ilustración e música para celebrar o Día de Rosalía en Vigo

    Os actos de homenaxe na Deputación á Rosalía “forte, ergueita e defensora do seu pobo” contaron coa colaboración da Fundación Rosalía e da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega
    Redacción por Redacción
    25 de Feb, 2023
    en Libros
    0
    A DEPUTACIÓN ENCHE A SEDE DE VIGO DE POESÍA, ILUSTRACIÓN E MÚSICA PARA CELEBRAR O DÍA DE ROSALÍA
    Comparte en FacebookComparte en Twitter

    Poesía, ilustracións en area e música encheron esta tarde a sede de Vigo da Deputación para celebrar o Día de Rosalía cun acto multidisciplinar conducido pola actriz Mónica Camaño, e para o que a Deputación contou coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Os poemas de María Lado “Gradación” e “Odias a poesía” resoaron na sala Rosalía de Castro, ao igual que a melodía de cello en mans de Margarida Mariño, que interpretou temas de composición propia. De xeito simultáneo, o artista multidisciplinar Marcos Escudero elaborou en directo unha espectacular ilustración en area coa técnica ‘sand painting’. Ademais, o escritor Xavier Queipo foi o encargado de ler o manifesto da AELG deste ano, do que é autora a filósofa, ensaísta, profesora e política Carme Adán.

    A presidenta da Deputación, Carmela Silva, puxo en valor a Rosalía de Castro, unha autora “que é o faro de todas e todos nós e que non pertence a ninguén porque nos pertence a todas e todos as galegas e galegos”. Carmela Silva asegurou que a Deputación reivindica “a Rosalía defensora da cultura e da lingua galegas, a Rosalía forte, poderosa e ergueita, a Rosalía defensora tamén do seu pobo, da súa xente, a Rosalía libre e feminista”. Indicou que “Rosalía púxolle palabras ao sentir dun pobo e estaba orgullosa de Galicia”, por iso, remarcou, “celebramos a esa Rosalía que mantén inalterábel a súa capacidade de poñernos en pé como pobo”. Carmela Silva tamén salientou a vixencia que mantén Rosalía de Castro 138 anos despois do seu falecemento: “fainos reflexionar de forma crítica sobre os grandes temas que nos afectan como sociedade”.

    Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, sinalou que “Vigo foi a capital e o berce editorial de Rosalía e Murguía, é a cidade onde naceron ‘Lieders’ ou os ‘Cantares gallegos’ e, desde logo, houbo un antes e un despois da celebración dos 150 anos desta obra aquí na cidade olívica”. Angueira puxo en valor “o apoio e a colaboración da Deputación de Pontevedra coa Casa de Rosalía”, e asegurou que “é unha lección para o resto de Galicia”.

    A deputada de Lingua María Ortega lembrou que o pasado día 21 de febreiro foi o Día da Lingua Nai e celebrou que esa data e a do nacemento da autora estean tan próximas. “As coincidencias ás veces acontecen por algo. Para nós Rosalía é a nosa autora de referencia. Axúdanos a construír a nosa identidade e un proxecto de país. Ela é de todas e todos nós”, dixo. A deputada destacou o traballo de posta en valor da autora nos actos institucionais da Deputación e nas actividades que se fan de maneira continuada da man da Fundación Rosalía de Castro, e a AELG. Lembrou, de feito, que os actos seguirán o resto do ano co programa ‘A súa casiña, o meu lar’ para centros de ensino de Primaria e Secundaria, aos que se sufraga a entrada, visita e transporte de alumnado á Casa da Matanza para coñecer máis de Rosalía. Tamén destacou a exposición ‘Nasín cando as prantas nasen. O herbario de Rosalía’, que estará en abril no vestíbulo do Pazo Provincial. Por último, Ortega deu as grazas e os parabéns ás compañeiras do departamento de Comunicación Institucional por deseñar para a efeméride unha imaxe que amosa “a Rosalía que nos gusta, reivindicativa, forte, feminista, e que crea pensamento dende a súa obra”.

    Pola súa banda, a deputada de Cultura, Victoria Alonso, sinalou que “Rosalía de Castro foi unha muller que loitou para abrirse un oco nun mundo no que ás mulleres non se lle cedían espazos”. Puxo en valor o legado de Rosalía, que “nos transcende e nos transcenderá porque nos representa a nós e tamén o moito que queremos a nosa terra ata o punto de que unha e outra, Rosalía e Galicia, converxen e se converten na mesma cousa”. Ademais, agradeceu o alumnado e profesorado participante no concurso ‘A Nosa Rosalía Feminista’ por “sementar as bases para que as nenas e nenos de hoxe sexan homes e mulleres implicadas e implicados na construción dun mundo mellor, un mundo do que Rosalía de Castro estaría moi orgullosa”.


    Agasallos para o público e para os centros que participaron no concurso ‘A Nosa Rosalía’

    No acto de Vigo tamén se entregaron os premios da categoría ‘Airiños’ (de 4º a 6º de Primaria) do concurso escolar ‘A Nosa Rosalía Feminista’, no que a rapazada tivo que elaborar interpretacións feministas de Rosalía, en forma de colaxe, recollendo palabras e versos ou representacións da súa figura a partir da reciclaxe, con papeis, cartóns, telas e obxectos ou elementos tridimensionais. Os centros premiados foron o CEIP Plurilingüe Souto – Donas de Gondomar (aula de 6º), que recibiu o 1º premio, e o 2º premio para o CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro de Vigo (aula de 6º B). Os centros gañadores recibiron un lote de libros (neste caso para todos os centros participantes), un obradoiro creativo de reciclaxe (para a 2ª mellor colaxe) de Vaciocero, e un contacontos sobre Rosalía (para a mellor colaxe) a cargo de Raquel Queizás.

    O público asistente ao “Día de Rosalía” organizado pola Deputación en Vigo recibiu exemplares da camelia Rosalía de Castro e dos libros “A conversa expansiva” (de Álvarez Cáccamo) e “Dicir unha illa” (do seminario de tradución poética da illa de San Simón), da Colección Cíes da editorial da institución provincial. Ademais, tamén se fixo entrega á Fundación Rosalía de Castro, representantes da AELG, á condutora, artistas e centros premiados no concurso “A Nosa Rosalía”, de azulexos artesáns coa silueta e versos de Rosalía de Castro procedentes dunha serie limitada elaborada por Lucía Ares da firma ‘Coas Mans Artesanía’ (Silleda).

    Tags: Deputación de PontevedraRosalía de Castro

    RelacionadosArtículos

    Ábrese a inscrición para a ruta ‘Voando nas Rías Baixas’ que discorrerá xunto a ensenada de San Simón
    Local

    Abre el plazo de inscripción para la tercera ruta gratuita ‘Voando nas Rías Baixas’

    26 de Mar, 2023
    nomeamento en Madrid da presidenta da Deputación, Carmela Silva, de confrade da Enxebre Orde da Vieira
    Local

    Carmela Silva, investida en Madrid como nueva cofrade de la Enxebre Orde da Vieira

    26 de Mar, 2023
    Carmela Silva visitou co alcalde Carlos Gómez novas obras que desenvolve a institución provincial na EP2204 Sabarís-Belesar, na que leva investidos xa máis de 730.000 €, e a mellora do Camiño de Serralleira, á que o goberno local destinou 133.191 € do Plan Concellos
    Baiona

    Case un millón de euros para seguridade viaria en Baiona: Serralleira e Sabarís-Belesar

    25 de Mar, 2023
    A Cañiza dispone ya de una piscina municipal de vanguardia tras una ambiciosa rehabilitación
    A Cañiza

    A Cañiza dispone ya de una piscina municipal de vanguardia tras una ambiciosa rehabilitación

    20 de Mar, 2023
    La Diputación invertirá 1,8 millones en 11 municipios para recuperar espacios públicos o afrontar gastos
    Local

    La Diputación invertirá 1,8 millones en 11 municipios para recuperar espacios públicos o afrontar gastos

    17 de Mar, 2023
    Los ocho festivales agrupados en el Rías Baixas Film Fest se promocionarán en eventos nacionales e internacionales
    Cine

    Los ocho festivales agrupados en el Rías Baixas Film Fest se promocionarán en eventos nacionales e internacionales

    16 de Mar, 2023

    Más Vistos

    El Centro Comercial Camelias sigue imparable en la inauguración de nuevos locales de comercio local

    Inauguración en Camelias con música, baile y muchas caras conocidas

    por Redacción
    26 de Mar, 2023
    0

    Esta fotografía corresponde a la ciudad de Vigo, pero no se trata de una zona rural, sino de una zona urbana rodeada de calles muy transitadas, una zona próxima a grandes plazas.

    En el medio de la ciudad de Vigo

    por Julio Alonso
    25 de Mar, 2023
    0

    Esta imagen resulta bastante habitual en la ciudad de Vigo. Los conductores se saltan las normas con enorme facilidad y no pasa absolutamente nada.

    En Vigo todo vale

    por Julio Alonso
    26 de Mar, 2023
    0

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    Una nueva vida para la tienda de Adelina en Vigo: “Fue una corazonada”

    por Vanesa Vázquez
    25 de Mar, 2023
    0

    La reventa inunda internet de entradas para ver a Guns N’ Roses en Vigo, algunas con alojamiento incluido

    por David Lorenzo
    31 de Mar, 2023
    0
    La reventa inunda internet de entradas para ver a Guns N’ Roses en Vigo, algunas con alojamiento incluido
    Música

    Como cabía esperar, la reventa no tardó en hacer acto de presencia para sacar tajada del concierto que ofrecerá Guns

    Leer mas

    Vitrasa publica sus servicios mínimos para los tres días grandes de la Reconquista

    por David Lorenzo
    31 de Mar, 2023
    0
    Vitrasa publica sus servicios mínimos para los tres días grandes de la Reconquista
    Local

    Vigo celebra sus días grandes de la Reconquista, esos en los que el Casco Vello y el centro de la

    Leer mas

    Dispositivo especial de limpieza para la Reconquista: más contenedores, 25 operarios y recogida puerta a puerta

    por Redacción
    30 de Mar, 2023
    0
    Dispositivo especial de limpieza para la Reconquista: más contenedores, 25 operarios y recogida puerta a puerta
    Local

    La Reconquista de 2023 será la primera de los últimos cuatro años en la que no habrá ningún tipo de

    Leer mas
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Deportes
      • Celta
      • Fútbol
      • Balonmano
      • Baloncesto
      • Atletismo
      • Ciclismo
      • Polideportivo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
    • Opinión
    • Salud
    • Solidaridad
    • Viajes
    • Tendencias
    • Gastronomía
    • Motor

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR