Ademais, presentarase en sociedad o segundo volumen do libro «Relatos na rúa», que se editou cos relatos premiados e unha selección realizada polo xurado. Na gala farase un merecido recordo ao poeta galego, vigués de adopción, CarlosOroza, recentemente falecido.
«La vida de un lápiz», de Julio Fernández Peláez, é o relato gañador desta segunda edición do Certame de Relatos Vigo Histórico, organizado pola Editorial Elvira en colaboración coa Asociación de Comerciantes Vigo Histórico, e a que se presentaron preto de 200 relatos de España e tamén do estranxeiro.
O gañador recibirá un premio de 1.000 euros -dos que se deducirán automáticamente as retencións que estipula a lei- e unha colección de poesía e prosa. Ademais tamén se entregarán cinco accésit, que terán un premio de 200 euros e un pack da editorial Elvira.
Cos premiados e outros relatos seleccionados (27 relatos en total) publicouse o libro «Relatos na rúa», que terá unha tirada inicial de 1.500 exemplares, e que se presentará no transcurso desta gala, que será dirixida pola xornalista viguesa Noelia Otero, que foi tamén un dos membros do xurado. No acto de entrega dos premios estarán o alcalde de Vigo, Abel Caballero; a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva; e o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez; entre outras autoridades.