Cada obra está comentada por outro artista, escritor ou intelectual. Autores como: X. L. Méndez Ferrín, Antón Patiño, Avelino Muleiro García, Vidal Villaverde, Alfonso Álvarez Cácamo, Gonzalo Navaza, Anxo Angueira, Manuel Veiga, Luis M. García Mañá, Jesús de Juana, Emilio Fernández Estévez, Vidal Estévez Estévez, Brais González Pérez, Ánxeles Fuentes Fernández, Manuel Vida Villaverde, Alfonso Eiré, Antonino Piñeiro, María del Carmen López Mayán, Xosé L. Sebio, Emilio R. Gª. Bonome, Modesto Hermida García, Anxo Angueira, Constantino Prol Cid, Luis Martínez Risco, Xiao Roel, Xosé González Martínez e Ramón Rodríguez Otero.
«Es un ‘Mundo Onírico’ porque es obra salida de mis sueños. Está relacionado con la portada, que es una fotografía de mi habitación y el mural de su pared. Allí es donde sueño, aunque también los tengo muchas veces despierto», afirma o autor.
Xulio Fontes (Quintela de Leirado, Celanova, Ourense, 1951) é un pintor autodidacta que xa aos doce anos, sobresaía na disciplina de debuxo. Participou en diversos certames artísticos a nivel provincial (Ourense) cunha traxectoria remarcable de primeiros e segundos postos en anos consecutivos. As experiencias adquiridas durante catro anos residindo en Santander e San Sebastián, dende onde percorre toda a obra de Gaudí, marcarán o carácter da súa obra.