19092019Jue
Última edición: Mié, 18 Sep 2019 9pm

axenda

Contacontos e presentación en Detrás do Marco

26 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartaz da actividade. Cartaz da actividade.

Continúan os Contos do Nadal en Detrás do Marco para os máis pequenos da casa. O lunes 28 de decembro será o turno do contacontos "O misterio de Nadal".

"O misterio de Nadal" narra a historia de Peregrina, unha investigadora viguesa que, xunto co seu amigo Roque e o seu can Magnum, tentará resolver o misterio do día de Nadal. Esta contada será o día 28, a partir das 12:00 horas, en Detrás do Marco.

A actividade é realizada polo Correo do Vento e promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Ademáis, Detrás do Marco acollerá o martes 29 de decembro (20:00 horas) a presentación do libro "Gandarón ou o gran falo megalítico de Pena Cordeira", de Eladio Rodríguez Fernández (Editorial Ir Indo). No acto intervirán Bieito Ledo, Xesús Alonso Montero e o propio autor.

Ao remate do acto, haberá unha degustación de un viño ribeiro, marca Tarabelo, da adega do autor Arco da Vella.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

música

espectáculos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos