18092019Mié
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

presentación

"aLiterArte", o vínculo entre os murais de Vigo e a literatura

Cada mural vai acompañado de relatos que as plumas máis belas da cidade escribiron inspirándose nas obras

22 Diciembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
"aLiterArte" é un percorrido polos murais de Vigo e os textos que inspiraron. "aLiterArte" é un percorrido polos murais de Vigo e os textos que inspiraron.

Este mércores, 23 de decembro, celebrarase na cafetería Detrás do Marco (Londres, s/n) a presentación do libro "aLiterArte", no que se fai un percorrido por varios murais da cidade de Vigo da mán de escritores que participan nos obradoiros de escrita creativa aLiteraclara.

No devandito acto, que comezará ás 20.00 horas, estarán presentes o responsable da Editorial Elvira, Javier Romero; os autores dos textos e dos murais que aparecen no libro, responsables de Normalización Lingüística do Concello e a directora do obradoiro Clara do Roxo.

Así, "aLiterArte" é un percorrido entre algúns dos murais máis belos que alegran a nosa cidade no que se atoparán os traballos que Álex Fernández, Peri, Pelucas, ASH Santos, Gonzalo Alonso Dapresa, Elisa González, Xabier Magãlhaes, Antón Pulido, David Arambarri e Powone realizaron o pasado mes de marzo.

Cada mural vai acompañado de relatos que as plumas máis belas da cidade escribiron inspirándose nas obras destes artistas nun total de 124 páxinas que aúna as artes plásticas coa literatura que vibra na cidade de Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos