18092019Mié
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

obituario

Xosé Neira Vilas, Galiza orfa

27 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(2 votos)

Galiza sempre foi orfa, a lo menos de pai. Terra de homes ausentes tragados pola mar ou pola emigración, ausentes aínda cando estaban presentes, por ese carácter forxado no medio dos ventos salobres do mar e dos aires fríos que viñan de Castela.

Esa Galiza viviuna e describiuna mellor que ninguén Xosé Neira Vilas que na diáspora, primeiro na Arxentina e logo en Cuba, abriuna e desgranouna entregándonos na súa narrativa a realidade de terras mortas de fame cheas de xente morta de fame e desesperanza.

O seu Balbino, protagonista desapasionado de "Memorias dun neno labrego", non deixaba de ser el mesmo narrando de xeito realista e crítico a realidade social dunha terra esgotada que forzaba a súa mocidade a emigrar... Tan lonxano e tan actual ó mesmo tempo. Pero a realidade de Neira Vilas non so tivo ó rural galego como protagonista ainda que si fose un eterno persoaxe secundario. Estudiou a emigración en "Camino bretemoso" ou "Remuíño sen sombras", falou das historias da guerra civil do 1936 en "Aqueles anos do Moncho" ou presenteunos, dunha forma quizáis un pouco paternalista á muller rural en "Nai" ou en "Querido Tomás", como figuras relegadas ó papel de nais ou pacientes namoradas.

Aínda que Xosé Neira Vilas recibiu en vida, como construtor que é desa realidade chamada Galiza, toda serie de homenaxes e recoñecementos, cabe hoxe un máis para agradecerlle 87 anos de labor literaria e periodística de necesaria lectura nestas datas de desapego, para entender e para entendernos.

Grazas maestro e que a terra lle sexa leve.

Juan Labarroca

Juan M. Mariño (Vigo, 1981). Historiador. Lleva más de diez años dedicándose a la gestión y divulgación cultural.

Twitter - Juan Labarroca
Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos