21092019Sáb
Última edición: Vie, 20 Sep 2019 7pm

presentación

"Pálpito Súbito", a poesía da viguesa Stella Maris González, en Detrás do Marco

O libro consta de 45 poesías escritas entre os anos 2001 e 2013

19 Noviembre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Cartel da presentación. Cartel da presentación.

Detrás do Marco acolle este xoves, 19 de novembro (20:00 horas), a presentación do libro de poesía "Pálpito Súbito", da viguesa Stella Maris González Balbuena.

A autora (Vigo, 1951) é licenciada en Filosofía e Letras (sección filoloxía francesa) pola Universidade de Santiago e foi docente tanto en Francia como en Vigo.

O libro consta de 45 poesías escritas entre os anos 2001 e 2013, “nas que reflicto emocións ao longo de diferentes etapas na miña biografía sentimental: a miña infancia entre espesas brumas, o descubrimento da tenrura, os latexados da muller madura… Poderíase dicir que, en xeral, narro máis perdas que achados, pero a vida é dura con frecuencia e ademais como di o inesquecible Antonio Machado: cántase o que se perde” explica a autora.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

movilidad

navidad 2019

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos