16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

presentación dun libro

"Tres feridas", a primeira novela do xornalista Manrique Fernández

"Tres feridas" é unha historia sobre a falta de comunicación, pola que planean a dor, a soidade, o abandono, a culpa, a ira e o odio.

07 Octubre 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Este xoves, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación na Casa del Libro de Vigo da novela "Tres feridas", do xornalista Manrique Fernández, que correrá a cargo do profesor, ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás. Este xoves, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación na Casa del Libro de Vigo da novela "Tres feridas", do xornalista Manrique Fernández, que correrá a cargo do profesor, ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás.

O xornalista Manrique Fernández, director xerente da Fundación Rogelio Groba, presenta este xoves, día 8 de outubro, na Casa del Libro de Vigo, a súa primeira novela, "Tres feridas", publicada pola editorial Belagua. No acto estará acompañado polo profesor, ensaísta e crítico literario Ramón Nicolás, e a editora, Edurne Baines.

"Tres feridas", cuxo título fai alusión ao coñecido poema de Miguel Hernández, desenvólvese en torno ás ideas da vida, o amor e a morte, encarnadas nos seus tres protagonistas, aos que a falta de comunicación marcaralles a súa existencia con profundas feridas emocionais.

Nesta historia, que comeza cun sorprendente secuestro, os soños de Rafael e a súa idealización do amor levarán a desgracia ás persoas ás que máis quere, vítimas dos que cren que os sentimentos poden ser programados. 

A dor, a soidade, o abandono, a culpa, a ira e o odio planean sobre unha historia na que os seus protagonistas terán que elixir entre os seus desexos e os dos demais, nun marco no que os desacordos provocados pola falta de comunicación cimentan un conflito que estoupa sobre as súas vidas.

autor libr jueves

O autor

Manrique Fernández (Cospeito, Lugo. 1965), é licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en distintos medios galegos, tanto na prensa escrita como en radio, televisión e medios dixitais e, dende o seu nacemento en 2002, exerce de director xerente da Fundación Rogelio Groba, dedicada á catalogación, a protección e a difusión do legado musical do compositor de Ponteareas (Pontevedra).

En colaboración co compositor, publicou a súa biografía autorizada ("Meditacións en branco e negro", Xerais, 2000), un libro de conversas ("Diabolus in musica", Galaxia, 2011) e un catálogo ("Mi obra musical comentada", Fundación Rogelio Groba, 2015). 

Da súa colaboración tamén naceron, entre outras composicións, dúas óperas ("Floralba" e "Pedro Madruga. O Noso Rei"), unha ópera infantil (a adaptación do conto de Charles Perrault "O gato con botas"), unha cantata ("Corpus en Ponteareas"), e un réquiem ("Samaín. Réquiem galego").

Ademais, publicou o libro "Floralba" (Egasur, 1999), que recolle o libreto da ópera do mesmo título e o poema orixinal no que se baseou; "Ponteareas máxica. mitos, ritos e lendas" (Asociación de Comerciantes de Ponteareas, 2001), e mailo libro de relatos "Crónicas de Embora" (Toxosoutos, 2014).

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos