25052019Sáb
Última edición: Sáb, 25 May 2019 9am

Día das Letras Galegas 2015

O Día das Letras Galegas, de Rosalía de Castro a Filgueira Valverde

16 Mayo 2015 por
Valora este artículo
(0 votos)
Imaxe conmemorativa do Día das Letras Galegas 2015. Imaxe conmemorativa do Día das Letras Galegas 2015.

No ano 1963 cumpríase o centenario da publicación de "Cantares Galegos" obra de Rosalía de Castro, a alma lírica do rexionalismo galego. Con motivo da celebración, tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego realizaron unha proposta histórica: que se recoñecese un día para homenaxear a creación literaria en galego. Foi aprobado por unanimidade por todos os académicos.

O día proposto foi o 17 de maio, data na que Rosalía lle adicou o seu libro ao tamén poeta Fernándo Caballero, xa que se descoñece cando foi o día exacto de publicación de "Cantares Galegos", pero buscábase unha data que tivese relación e proximidade coa publicación da obra.

Aínda que a Real Academia o festexa dende 1963, o recoñecemento oficial deste día por parte da Xunta de Galicia non aconteceu ata o ano 1991, data na que se declarou ese día festivo oficial, aínda que para desgracia dos traballadores este ano 2015 coincida en domingo.

En 1963 a primeira homenaxeada, por suposto, foi a propia Rosalía de Castro, e seguírona:
Rodríguez Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas, Noriega Varela, Valladares Núñez, López Abente, Lamas Carvajal, Lago González, Vicente Viqueira, Pintos Villar, Ramón Cabanillas, Villar Ponte, López Ferreiro, Manuel Antonio, Alfonso X el Sabio, Vicente Risco, Amado Carballo, Leiras Pulpeiro, Cotarelo Valledor, Losada Diéguez, Iglesia Alvariño, Francisca Herrera, Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Bouza Brey, Blanco Amor, Luis Seoane, Rafael Dieste, Ferro Couselo, Ánxel Fole, Xoán de Cangas, Martín Codax, Mendinho, Blanco Torres, Manuel Murguía, Eladio Rodríguez, Fray Martín Sarmiento, Avilés de Taramancos, Xaquín Lorenzo, Lorenzo Varela, Manuel Lugrís, María Mariño, Xose María Álvarez, Ramón Piñeiro, Uxío Novoneyra, Lois Pereiro, Paz Andrade, Vidal Bolaño, Xosé María Diaz Castro y finalmente Xosé Filgueira Valverde, o homenaxeado deste ano 2015.

Xosé Filgueira Valverde coñecido como "O vello profesor", compartindo alcume con Tierno Galván, foi escritor, investigador, intelectual e crítico, ademáis de adicarse á docencia a maior parte da súa vida. Así mesmo entre os anos 1959 e 1968 exerceu como alcalde de Pontevedra, a súa cidade natal, recibindo varios premios e condecoracións.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos