14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

Legado dos Premios da Crítica Galicia

A Fundación Premios da Crítica Galicia achega cuarenta e dous anos de existencia co recoñecemento das personalidades máis destacadas nos diferentes ámbitos da vida cultural galega

05 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)

O pasado trinta de outubro, a Fundación Premios da Crítica Galicia fixo a cesión desinteresada de todo o seu fondo documental á Fundación Penzol.

A Fundación Premios da Crítica Galicia achega cuarenta e dous anos de existencia co recoñecemento das personalidades máis destacadas nos diferentes ámbitos da vida cultural galega. A súa existencia vai unida, polo tanto, á cultura galega. Os documentos abranguen as actas dos xurados, o material utilizado como cartelería e publicidade, diverso material audiovisual, e moitos máis documentos nos que destacan os relacionados coas fases previas fundacionais. O conxunto dos arquivos constitúen un fondo documental de enorme valor que a partir de agora estarán ao alcance, de xeito gratuito, para estudos e traballos de investigación relacionados coa cultura galega. Na fotografía pode observarse aos representantes da Fundación Premios da Crítica Galicia cos representantes da Fundación Penzol o día da cesión dos históricos documentos.

Julio Alonso

Articulista.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos