22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

"Bicos e non balas", un libro para as familias de Vigo

O Concello repartirá nos colexios de Vigo 1.000 exemplares do novo poemario de Antonio García Teijeiro

16 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Fran Castro, Antonio García Teijeiro, Bea Gregores e Abel Caballero, este mércores na presentación do libro no Concello. / Foto: vigo.org Fran Castro, Antonio García Teijeiro, Bea Gregores e Abel Caballero, este mércores na presentación do libro no Concello. / Foto: vigo.org

"Bicos e non balas", editado por Galaxia, é o novo libro do autor vigués Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literatura Infantil en 2017, e conta coas ilustracións de Bea Gregores. O Concello de Vigo anunciou que repartirá 1.000 exemplares do novo poemario en todos os centros escolares da cidade.

A nova obra do escritor vigués Antonio García Teijeiro chegará a todos os colexios das cidades grazas a iniciativa do Concello de Vigo para adquirir 1.000 exemplares do poemario e facelo chegar a todos os centros escolares da cidade. "Bicos e non balas", novo libro do Premio Nacional de Literatura Infantil, foi editado por Galaxia e ilustrado por Bea Gregores.

O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores na presentación da última obra de García Teijeiro, Vigués Distinguido en 2017 e un dos referentes da literatura infantil. "É un autor único, gran escritor, narrador, poeta... e estamos orgullosos da súa traxectoria", sinalou o rexedor antes de destacar as "sensacionais" ilustracións de Gregores.

Fran Castro, director da Editorial Galaxia, agradceu ao Concello a iniciativa e sinalou que "temos que gabarnos de que na nosa cidade se impulse a cultura, é moi importante que 1.000 nenos e nenas reciban poesía, unha antoloxía sobre a paz". O responsable da editora do poemario engadiu que "temos un concello que aposta pola literatura, pola cultura e pola paz".

Pola súa banda, o propio escritor explicou que "antologuei este libro porque non me gusta o mundo que estou vivindo, non foi un libro feito a posta, son poemas feitos durante 30 anos, é importante que os nenos reflexionen en conxunto sobre a violencia".

"Que chegue a tantas familias é un orgullo, porque hai que facer pedagoxía de paz, porque non me gusta a loucura da guerra, nin os nenos soldados, nin a soidade dos nenos e nenas nun mundo hostil, nin os señores que se lucran coa venda de armas, nin a inmigración forzosa, nin as pateiras como ataúdes no mar, nin a explotación infantil ni a falta de tempo para gozar da vida, a pobreza que nos prohibe soñar", destacou.

A ilustradora Bea Gregores pechou o acto apuntando que "non supuxo ningún problema ilustrar este libro, desde pequena amo e leo poesía e inspireime e moitos autores para seguir adiante e ser mellores humanos, tamén animar aos nenos".

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos