22112019Vie
Última edición: Jue, 21 Nov 2019 7pm

Vigo celebra o Día das Escritoras regalando flores e letras

Todos os préstamos de libros de mulleres que se pidan na Biblioteca Neira Vilas recibirán o vindeiro luns unha flor e unha cita literaria en homenaxe ao legado cultura das autoras homenaxeadas

11 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
María do Carme Krunenberg, representada no mural que loce na rúa Roupeiro. María do Carme Krunenberg, representada no mural que loce na rúa Roupeiro.

A Biblioteca Municipal Neira Vilas, co gallo do Día das Escritoras, que se celebra o luns 14 de outubro baixo o lema “Mulleres, amor e liberdade”, organizará unha serie de actividades co obxectivo de difundir o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano, tamén en lingua galega, e lembrar as dificultades que lles impediron a estas mulleres noutros tempos desenvolver a súa obra e o seu labor cultural.

Autoras como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, Carmen de Burgos, Carmen Laforet, Alfonsina Storni, Esther Tusquets, Alejandra Pizarnik , Montserrat Roig ou Dulce Chacón, serán homenaxeadas mediante “accións especiais” que desenvolverán na biblioteca. En primeiro lugar, todas as persoas que o luns leven prestados libros escritos por mulleres recibirán flores e unha cita literaria. Ademias, haberá un ‘photocall’ no que inmortalizar o momento.

Igualmente, o martes 15 o equipo de voluntariado do Concello realizará unha nova sesión de ‘Pasen e lean’ con lecturas públicas de textos de María do Carme Kruckemberg. O mércores 16 realizarase unha visita guiada pola Biblioteca e durante todo o mes de outubro estará exposta unha mostra bibliográfica con obras de autoras españolas e hispanoamericanas e unha exposición de carteis das escritoras homenaxeadas.

Do mesmo xeito, a Biblioteca Municipal Neira Vilas celebrará o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, “pasando consulta” aos usuarios, atendendo as súas “doenzas literarias” e tratando de atopar unha solución aos seus problemas de lectura. Así, o persoal expedirá receitas con novos títulos como tratamento a estas doenzas e explicará aos usuarios como levar unha vida lectora saudable. Será unha maneira de animar á lectura de forma individualizada con cada persoa.

Co gallo desta xornada, a biblioteca acollerá unha exposición de carteis que amosan os beneficios da lectura homenaxeando aos carteis clásicos de medicamentos do século XX.

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

ocio

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos