24052019Vie
Última edición: Vie, 24 May 2019 2pm

Vigo encarga o bando do Día das Letras Galegas á escritora e editora Anaír Rodríguez

A autora dos dous libros ‘Pioneiras. Galegas que abriron camiño’ será a encargada da redacción do bando da festividade do 17 de maio, que este ano homenaxea ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas

15 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Anair Rodríguez. / Foto: @anair_rodriguez Anair Rodríguez. / Foto: @anair_rodriguez

Anaír Rodríguez redactará o bando do Día das Letras Galegas, texto ao que dará lectura o próximo venres ás 12.00 horas na Praza da Constitución, onde o Concello celebra o tradicional acto pola festividade do 17 de maio, este ano en homenaxe ao historiador e xeógrafo Antón Fraguas.

Rodríguez é escritora e editora de Xerais, licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e autora dos dous albumes ‘Pioneiras. Galegas que abriron camiño’.

Ademais, é tradutora de obras infantís e xuvenís, ademais de socia fundadora da asociación Espazo Lectura e coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

obras

sucesos

elecciones municipales

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos