25052019Sáb
Última edición: Vie, 24 May 2019 11pm

O Marco súmase ao Bookcrossing con outras 54 bibliotecas de centros de arte

O Museo celebrará o 23 de abril con actividades para públicos de todas as edades

17 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Bookcrossing no Marco. Bookcrossing no Marco.

O martes 23 de abril, con motivo do Día do Libro, o Marco súmase un ano máis á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas.

A solta de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade. Os participantes ponen en circulación libros libres coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Cada libro estará acreditado coas súas correspondentes etiquetas, conterá as instrucións necesarias para facilitar a participación na campaña, e estará rexistrado na web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

televisión

obras

vigo en festas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos