18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

O certame de relatos Vigo Histórico abre o prazo de presentación de traballos

O concurso, que volverá a ter á cidade olívica como protagonista absoluta, mantén a colaboración social con Igualarte y suma un novo membro ao xurado

10 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Romero e Caballero, xunto ao cartel deste ano. / Foto: Concello de Vigo Romero e Caballero, xunto ao cartel deste ano. / Foto: Concello de Vigo

A VI edición do certame de relatos Vigo Histórico inicia este xoves o seu prazo de presentación de traballos, que permanecerá aberto ata o 1 de xullo. Por segundo ano consecutivo, a Fundación Igualarte estará vencellada ao concurso –doarase un euro por cada exemplar do libro que se venda-, despois dun primeiro ano de colaboración con “magníficos resultados”, segundo revelou o responsable da Editorial Elvira, Javier Romero.

Romero presentou este mércores as liñas principais desta nova convocatoria nun acto no que estivo acompañado do alcalde de Vigo, Abel Caballero. O concurso mudou este ano a filosofía do patrocinio, de forma que suplirá o apoio económico de Abanca coa participación de varios colaboradores pequenos, que serán negocios privados ou fundacións culturais cos que se chegará a un acordo para a entrega de exemplares da obra resultante, ‘Relatos na Rúa’. “Así ampliarase a difusión dos libros e chegaremos a máis xente”, expuxo Romero.

Pola súa banda, nestas datas posteriores á celebración da Reconquista, Caballero sorprendeu a todos improvisando un relato curto que unía o Vigo do século XIX co Vigo actual e rematou indicando “e se queredes coñecer o final, teredes que buscalo no libro ‘Relatos na Rúa’”. O rexedor volveu a manifestar o seu desexo de presentarse ao concurso e felicitou á editorial polos seis anos de certame, pola súa “forma de transmitir a cultura” e polo “nivel intimista dos relatos”.

O xurado contará cun novo integrante, José Luis Mateo Álvarez, historiador e membro do Instituto de Estudios Vigueses. Ademais, estarán os xa habituais: a escritora Ledicia Costas, o pintor Antón Pulido, o editor Bieito Ledo, a filóloga e mestra Concepción Varela Portela, os xornalistas Jacobo Buceta e Noelia Otero, a filóloga e poeta Patricia Meira e o profesor e escritor Julio Alonso, colaborador de VIGOÉ.

O xurado dará a coñecer os gañadores entre os días 27 de setembro e 4 de outubro e no mes de decembro realizarase o acto de entrega dos premios e a presentación do libro ‘Relatos na Rúa’ (cos relatos premiados e unha selección dos que máis teñen gustado).

O tema do relato será libre, pero, como en anos anteriores, Vigo ten que ser protagonista, tal e como aparece nas bases do concurso onde se salienta que “a cidade ten que ser parte transcendental do relato, un elemento destacado, como o son as personaxes ou a trama”.

Paixón pola Panificadora
A este respecto, Javier Romero, confeso namorado da Panificadora de Vigo, fixo unha petición expresa: “Aínda que non é unha condición, gustaríame que os relatos teñan presente a Panificadora. Invito a que escriban sobre o barrio alto do Casco Vello”.

De feito, a Panificadora, protagoniza un ano máis o cartel do evento, confeccionado por Natalia Umpiérrez (Pontevedra, 1982), licenciada en Belas Artes. Unha artista que se define como “ecléctica, infantil e máxica e moi interesada na ilustración”, tal e como queda patente no seu traballo.

Admitirase un único texto por autor, cunha extensión máxima de catro páxinas por unha cara (ou o equivalente a 8.000 carácteres con espazos). Os orixinais deberán presentarse por correo electrónico á dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Haberá un primeiro premio de mil euros para o gañador, un segundo premio de 500 euros e catro accésits de 200 euros cada un. As bases están a disposición de todos os interesados na páxina web de Editorial Elvira (www.editorialelvira.com).

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos