Imprimir esta página

Domingo Villar presenta ‘O último barco’ en Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios acollerá o lanzamento da terceira novela protagonizada polo inspector vigués Leo Caldas, unha das entregas literarias máis agardadas da última década

05 Marzo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)

A Escola Municipal de Artes e Oficios, espazo clave e referencial na última intriga de Domingo Villar, acollerá este xoves ás 19:30 horas a presentación en Vigo de ‘O último barco’ a nova entrega de novela negra protagonizada polo inspector Leo Caldas.

Acompañando ao autor estarán o escritor Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Ofelia Grande de Andrés, directora xeral e editorial de Ediciones Siruela; e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

‘O último barco’, que chegará ás librarías este mércores 6 de marzo de maneira simultánea en galego e español, é un dos libros máis agardados da última década despois do grandísimo éxito de ‘Ollos de auga’ (2006) e ‘A praia dos afogados’ (2009), con ducias de miles de exemplares vendidos en Galicia.

Inicia sesión para enviar comentarios