19032019Mar
Última edición: Lun, 18 Mar 2019 9pm

Redondela expón a obra humorística de Castelao

O consistorio instalou unha vitrina cunha edición limitada de 500 páxinas, que se irán pasando cada mes para que o público poida gozar dos orixinais debuxos do autor

19 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O libro colocado no consistorio redondelán. / Fotos: Concello de Redondela O libro colocado no consistorio redondelán. / Fotos: Concello de Redondela

O casa consistorial de Redondela vén de colocar unha mesa-vitrina dentro das súas instalacións que expón a obra humorística de Castelao. Este extenso volume, que recolle as ‘Cousas da vida’, é unha edición limitada (333 exemplares) e única como acredita un certificado ante notario. O libro está presidido polo retrato de Castelao.

A publicación, de máis de 500 páxinas, posúe unha coidada edición: encadernación en pergameo elaborado a man, papel de algodón e con fío vexetal. A Fundación Castelao avala este traballo, que conta con prólogos de Miguel Anxo Seixas e Manuel Ayaso.

Trátase dun novo recoñecemento á figura de Castelao tras a instalación das placas que dan o seu nome á Alameda e ás xornadas dedicadas ao escritor que se celebraron o pasado mes de xaneiro e que contaron cunha notable afluencia de público.

Cada mes a vitrina abrirase para mostrar unha nova ilustración deste artista, polo que todos aqueles que visiten o Concello poderán deleitarse e sorrir cos orixinais e ocorrentes debuxos deste polifacético autor.

Vitrina Castelao

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

vigo

sanidad

gastronomía

galardones

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos