20062019Jue
Última edición: Jue, 20 Jun 2019 11am

A taberna de Elixio reabre as súas portas coa visita do inspector Leo Caldas

Domingo Villar presentou aos libreiros da provincia de Pontevedra, O último barco, a súa nova e agardada novela, que chegará ás librarías o vindeiro 6 de marzo

10 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Domingo Villar, segundo por la izquierda./ Foto: Cedida Domingo Villar, segundo por la izquierda./ Foto: Cedida

Nun evento privado organizado pola Editorial Galaxia e Ediciones Siruela, Domingo Villar (Vigo, 1971) presentou diante dalgúns dos libreiros máis activos da provincia de Pontevedra a súa próxima novela, O último barco, que verá a luz o vindeiro 6 de marzo da man da Editorial Galaxia, en galego, e de Ediciones Siruela, na súa tradución ao castelán.

O marco escollido para este evento non podía ser outro que a taberna de Elixio, espazo recorrente nas novelas de Villar e un dos lugares predilectos do seu protagonista: o inspector Leo Caldas.

A taberna de Elixio, foco de creación artística da noite viguesa do casco vello, aproveitaba así para anunciar a súa próxima reapertura no mes de marzo, celebrando tamén o regreso dun dos novelistas que máis sona lle ten dado dentro e fóra das nosas fronteiras á cidade olívica. Así, a editora de Siruela, Ofelia Grande, non dubidaba en afirmar que Villar puxera Vigo no mapa e fixera viaxar ata os enclaves da súa ría a milleiros de lectoras e lectores en todo o mundo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

san juan

obras

economía

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos