23102019Mié
Última edición: Mar, 22 Oct 2019 6pm

‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’ enche de igualdade o Pazo de Vilavella

Centos de persoas asistiron en Redondela á presentación do libro, que estará dispoñible nos centros educativos de Secundaria e Formación Profesional da provincia

08 Febrero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Carmela Silva, acompañada dalgunhas das autoras do libro. / Foto: Deputación de Pontevedra Carmela Silva, acompañada dalgunhas das autoras do libro. / Foto: Deputación de Pontevedra

O Pazo de Vilavella de Redondela encheuse este xoves no acto de presentación do libro ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’, impulsado pola Deputación de Pontevedra e editado por Galaxia, ao que asistiron a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, acompañada de deputadas e deputados, a coordinadora do libro, a escritora Inma López Silva, e cinco das súas autoras: a xornalista Susana Pedreira, a fotógrafa e profesora Ana Fresco, a funcionaria Sarai González, a matrona Susana Iglesias e a estudante Sandra Núñez.

Centos de persoas asistiron ao evento, con cheo nun salón ateigado, “dando así resposta coa súa presenza á negativa do goberno local de Redondela e ao seu alcalde, Javier Bas, a ceder unha das salas baleiras do Multiusos para a presentación desta obra colectiva, despois de haber confirmado a súa celebración”, explica a Deputación.

Na presentación, que contou coas testemuñas destas mulleres relativas á súa experiencia vivida durante a folga feminista e coas intervencións do público, tamén se proxectou o vídeo ‘Culpables’, coas imaxes de mulleres dos cinco continentes que, coas súas mobilizacións, converteron o día 8 de marzo de 2018 nunha data histórica.

Na súa intervención, Carmela Silva agradeceu a presenza “de tanta xente que mostrou que non hai portas que pechen a igualdade, que non hai posibilidade de poñer portas aos dereitos das persoas a ocupar o espazo público que non é patrimonio de ninguén. Iso fronte a quen cree cando goberna que é seu. O espazo público é patrimonio de todas e todos. Este cheo tamén é unha voz que di que o mundo e a política ten que cambiar. Por iso as mulleres queremos cambialo”. A presidenta provincial puxo o acento en que “a sociedade non será feliz nin decente sen a igualdade en dereitos das que somos máis da metade da poboación”.

Este libro, dixo Silva dálle voz ás mulleres. Como pode temer alguén á voz, as palabras das mulleres?, preguntou”.  A presidenta provincial puxo en valor os logros e a sensibilización que logrou a folga do 8 de marzo de 2018, “unha data histórica que leremos nos libros”, e apelou a secundar a convocatoria do próximo 8 de marzo, “unha folga á que debemos ir as mulleres, porque os homes comprometidos co feminismo ese día deben dedicarse aos coidados para que nós poidamos facer a folga. É fácil de entender”, dixo.

Pola súa banda a escritora e coordinadora do libro, Inma López Silva, asegurou que “a edición desta obra colectiva foi un proceso de traballo perfecto e irrepetible, e creo que moito tivo que moito que ver con que fora un equipo de mulleres”. Todas as autoras insistiron na necesidade de que o próximo 8 de marzo deste ano “aínda supere o fito histórico da folga e das mobilizacións que tanto nos visibilizaron o ano pasado”.FOTO OLLDA VILAVELLA 4

‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’, que xa vai pola segunda edición, está escrita por oito mulleres que traballan en diferentes sectores: xornalismo, literatura, sanidade, fotografía ou librería. Todas elas, pese á súa diferente dedicación, plasman unha visión similar sobre a folga es mobilizacións do 8 de marzo e as súas vivencias como mulleres, reivindicando a necesidade de loitar contra o machismo e construír unha sociedade máis igualitaria e xusta.

Deste xeito, a través desta publicación o goberno de Carmela Silva pretende chegar ao maior número de persoas as testemuñas das autoras da publicación e espallar entre a mocidade as ideas contidas nesta obra colectiva. Así, a Deputación de Pontevedra ten enviado xa aos centros educativos de Secundaria e Formación Profesional da provincia un exemplar para que o incorporen á súas bibliotecas e poidan traballar con el nas aulas, como ferramenta de debate e reflexión.

A presentación de ‘Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo’, a modo de xira, comezou en Vigo e xa pasou por Pontevedra, Vilagarcía e Baiona. Trala presentación de hoxe en  Redondela, continuará a vindeira semana en Salceda e, posteriormente, en Ponteareas e Bueu.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos