20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 3pm

Vitrasa viaxa aos seus inicios con ‘Adiós María’, de Xohana Torres

O Concello, a Editorial Galaxia e a concesionaria do autobús urbano inician con este libro ambientado en Vigo unha campaña para promocionar a lectura entre os usuarios do transporte público

28 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Caballero reparte os libros. / Foto: Concello de Vigo Caballero reparte os libros. / Foto: Concello de Vigo

O Concello de Vigo, Galaxia e Vitrasa repartiron este mércores exemplares da novela ‘Adiós María’ de Xohana Torres nun dos autobuses urbanos da liña C4A, que cubre o traxecto entre a rúa Aragón e Coia. O obxectivo desta iniciativa é achegar a lectura á cidadanía viguesa a través dunha historia ambientada na cidade na época na que desaparecen os tranvías e chegan os primeiros autobuses.

A campaña xorde da colaboración entre a administración local, a editorial e a concesionaria e, como primeira acción, o alcalde de Vigo fixo un tramo do traxecto da liña de transporte urbano, entre a Porta do Sol e o Concello distribuíndo exemplares da novela entre as persoas que viaxaban no autobús neses momentos.

‘Adiós María’ publicouse por primeira vez en 1971 e está considerada como unha das obras máis importantes da creación literaria galega do último terzo do século XX. Galaxia volveu editala este ano 2018.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

tecnología

el tiempo

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos