17112018Sáb
Última edición: Sáb, 17 Nov 2018 7pm

Unha ruta literaria para afondar na relación do poeta Manuel Antonio con Vigo

A actividade, que percorrerá o centro da cidade, terá lugar esta fin de semana

06 Noviembre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Manuel Antonio. Manuel Antonio.

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza a ruta literaria ‘Vigo, peirao Manuel Antonio’, guiada por Xurxo Martínez González, que se desenvolverá o sábado 10 de novembro a partir das 11.00 horas. A través desta actividade preténdese dar a coñecer a figura do poeta rianxeiro e a súa vinculación coa cidade de Vigo.

O percorrido incluirá o Paseo de Alfonso (residencia de MA); a Praza de Calatrava, para falar da vida do Vigo mariñeiro e do mundo dos prostíbulos; a Porta do Sol (entrada de Príncipe), coa sombreirería de José Mella, pai de Ricardo Mella; El Pueblo Gallego; estudo de Urbano Lugrís; o Tamberlick e a asemblea nacionalista; o antigo café Derby (no encontro de Príncipce con Urzáiz), onde fixo parladoiro; Marqués de Valadares (casa de Álvaro Cunqueiro), o outro gran poeta das vangardas, que admirou a Manuel Antonio; as Avenidas (bar Puerto), e o seu reflexo no poema Navy Bar; e o espigón, lugar de peche.

A reserva de prazas, que xa está aberta, debe tramitarse a través do teléfono 986 810 281 en horario de 09.00 a 14.00 horas. O evento está limitado  a 50 persoas.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

vigo

  • Adéntrate en el futuro Centro Vialia
    Adéntrate en el futuro Centro Vialia El proyecto del Centro Vialia, cuyas obras acaban de comenzar, está llamado a marcar un antes y un después para el transporte en la ciudad y la vida de los vigueses. La futura estación intermodal aglutinará el servicio de autobús…
    Leer más...

más vigo

economía

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos