16112018Vie
Última edición: Vie, 16 Nov 2018 5pm

Contacontos de medo en Vigo para os máis pequenos con motivo do Samaín

A librería Libros Para Soñar organiza sesións na súa tenda do Casco Vello con alguhas das mellores historias para cativos

20 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha das lecturas da sesión de contacontos. / Foto: Kalandraka Unha das lecturas da sesión de contacontos. / Foto: Kalandraka

Co lema ‘Contos de medo’, Libros Para Soñar vén de retomar a súa programación de actividades de animación á lectura, tras a paréntese estival. En vésperas do Samaín, este venres volveron os contacontos cun repertorio formado por obras como ‘Gato Guille e os monstros’ de Rocío Martínez, o clásico ‘Rufus, o morcego que adoraba as cores’ de Tomi Ungerer e ‘Un dous tres, vampiro ti es’ de Nadia Budde. Aqueles que se perderon este primeira sesión especial poderán resarcirse o vindeiro venres 26 de outubro (18.30 horas) coa actividade ‘Contos terroríficos’.

Libros Para Soñar tamén reanuda este mes as sesións especiais de contacontos para bebés ata 3 anos. A primeira celebrarase o vindeiro mércores 24 ás 17:30 horas e neste caso a asistencia require inscrición previa no enderezo de correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., ao tratarse dunha actividade con prazas limitadas e na que é preciso que cada nena ou neno estea acompañado por unha persoa adulta.

Ademais, a sala de actividades da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello ofrece este mes a exposición das ilustracións de Nadia Budde que van formar parte do repertorio literario nas sesións de contacontos deste mes. ‘Un dous tres, que ves?’ foi o seu primeiro libro ilustrado, que gañou varios premios en Alemaña pola orixinalidade da proposta plástica e narrativa, e polo sentido lúdico da obra, que tivo continuidade en ‘Un dous tres, vampiro ti es’.

Este último título é a nova proposta da autora alemá, logo de ‘Un dous tres, que ves?’. Trátase de libros de cartón para prelectores e primeiros lectores nos que o público desempeña un papel moi participativo a través dun xogo de rimas e dunha estrutura baseada na repetición e no encadeamento de personaxes e figuras. Palabras sinxelas e ilustracións de trazos grosos son o fío condutor desta invitación a ler, recitar e mesmo cantar coa libreira Sandra Senra e a mestra Iria Mantilla, que conducirán esta actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 4 anos.

Por outra banda, a librería do Casco Vello é unha das protagonistas da sección ‘Onde habitan os libros’ na nova canle de televisión dixital Kalandraka TV, especializada en Literatura Infantil e Xuvenil. Este espazo dá a coñecer librarías e bibliotecas ás que o público pode dirixirse non só na procura de lecturas para distintas idades e gustos diversos, senón tamén para participar nas actividades que organizan como espazos de dinamización cultural e social. Canda Libros Para Soñar, tamén está dispoñible unha reportaxe sobre a Libraría Cartabón e proximamente emitirase un percorrido pola Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas, ambas en Vigo.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

salud

celta

espectáculos

economía

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos