14122018Vie
Última edición: Jue, 13 Dic 2018 7pm

O Auditorio do Concello acolle as Xornadas de Filosofía, que homenaxean a Jesús Mosterín

Do 15 ao 18 de outubro pasarán por elas grandes pensadores como Victoria Camps, Javier Sábada, José Manuel Sánchez Ron e Antoni Fontdevila

05 Octubre 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Abel Caballero xunto a Avelino Muleiro na presentación das xornadas. / Foto: XV Abel Caballero xunto a Avelino Muleiro na presentación das xornadas. / Foto: XV

O Auditorio do Concello acolle do 15 ao 18 de outubro as XXV Xornadas de Filosofía, que homenaxean nesta edición a Jesús Mosterín, un dos filósofos máis relevantes dos últimos tempos e que faleceu hai un ano.

Na presentación destas xornadas, Abel Caballero demandou unha maior presenza da Filosofía no Bacharelato "polo seu valor esencial para o desenvolvemento individual e colectivo". Ademais, felicitou a Avelino Muleiro, presidente do Grupo Aletheia, coordinador das xornadas, por "a continuidade que lograstes dar a este imprescindible espazo para a reflexión".

Muleiro, pola súa banda, destacou a "gran sintonía que ten a ciudanía viguesa coas xornadas" e asegurou que o cartel destas "vodas de prata" é "inigualable, tanto polo nivel dos conferenciantes como polo da persoa á que se homenaxea". Mosterín, lembrou, "é un dos filósofos máis selectos dos últimos anos, rivalizando con nomes como Ortega e Gasset e Unamuno, e traballou durante anos na consolidación destas xornadas, achegando sempre orixinalidade e sabedoría".

Durante os catro días que duran as xornadas pasarán polo auditorio grandes voces da Filosofía como Victoria Camps, Javier Sábada, José Manuel Sánchez Ron e Antoni Fontdevila. A entrada é gratuíta ata completar o aforamento.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

sucesos

celta

el tiempo

comarcas

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos