22082018Mié
Última edición: Mar, 21 Ago 2018 7pm

O paso do ‘Nautilus’ pola ría de Vigo propicia a primeira novela de lectura fácil en galego

’20.000 leguas baixo os mares’ inaugura a nova colección da editorial Galaxia, destinada a persoas con diversidades intelectuais ou de aprendizaxe

08 Junio 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O libro foi presentado este venres en Rande. / Foto: Consellería de Cultura O libro foi presentado este venres en Rande. / Foto: Consellería de Cultura

A novela ‘20.000 leguas baixo os mares’, do escritor francés Jules Verne, inaugurará a nova colección Lectura Fácil de Galaxia. A escolla desta obra, así como o do lugar de Rande para a súa presentación, non é casual. Este ano conmemóranse os 150 anos da entrada do submarino onde se desenvolve a trama desta narración, o Nautilus, na ría de Vigo, segundo relata Verne na novela.

Ademais, tamén se compren 140 anos da primeira visita do escritor francés á cidade olívica. A publicación, impulsada pola Asociación Juan XXIII de apoio ás persoas con discapacidade e editada por Galaxia, conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A lectura fácil permite o acceso a contidos en galego comprensibles para todas as persoas, incluídas aquelas que presentan algún tipo de discapacidade intelectual, que non teñen estudos ou que son inmigrantes con escaso dominio do idioma.

“Este libro é, polo tanto, unha porta máis de entrada á lingua propia de Galicia e a lectura fácil, en xeral, unha ferramenta que facilita un dereito fundamental da cidadanía independentemente das súas capacidades: o acceso á información, á cultura e á literatura, que á súa vez garante o exercicio doutros dereitos, como o de participación ou o desenvolvemento autónomo”, apuntou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na presentación do libro e da colección.

Lectura fácil
A lectura fácil é unha ferramenta de comprensión lectora e de fomento da lectura para atraer a persoas que non teñen o hábito de ler ou que se viron privadas del.

Abarca o contido, as ilustracións e a maquetación co fin de facilitarlle o acceso á información, á cultura e á literatura a persoas con diversidades intelectuais e de aprendizaxe, así como para facer contornos psicoloxicamente comprensibles para todos, eliminando as barreiras para a comprensión, a aprendizaxe e a participación.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

camino de Santiago

sucesos

deportes

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos