19082018Dom
Última edición: Vie, 10 Ago 2018 10pm

Vigo crea o seu propio ‘metro literario’

Un mapa con dez rutas permitirá percorrer a cidade a través dos seus escritores e as súas obras

23 Abril 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
O novo mapa deseñado cos lugares de interese. O novo mapa deseñado cos lugares de interese.

Un mapa que percorre Vigo polos catro costados para trazar as rutas literarias nos que a cidade olívica foi o escenario elixido polos autores máis recoñecidos. Ese é o punto de partida do proxecto creado pola Biblioteca Pública Municipal Neira Vilas para amosar a riqueza e importancia da urbe dentro da literatura, e que foi presentado en sociedade este luns 23 de abril con motivo do Día do Libro.

O proxecto está configurado para crecer a medida que aparezan novos títulos e está configurado coma un traballo colectivo no que calquera cidadán poida colaborar incorporando obras que quedaron atrás na súa primeira posta en escena.

Consta da realización dun mapa, que emula aos de metro das grandes cidades, con dez liñas que atravesan en todas direccións a cidade e que van deténdose nas diferentes "Paradas Literarias", que teñen o nome das novelas que dalgún xeito están vinculadas a ese lugar. Toda esta información, ademais dunha bibliografía completa, están dispoñibles na páxina web mapaliterariodevigo.com.

Lugares coma a Porta do Sol co Sireno son testemuña de moitos acontecementos das nosas vidas e das historias de ficción que recollen estas obras. O barrio de Teis e a xeración perdida das revoltas obreiras, o Berbés coma recordo das tradicións viguesas, as rúas e as prazas ata o alto do Casco Vello ou o Calvario como reflexo de unión entre a veciñanza.

As rutas están protagonizadas por autores como Julio Verne e Pedro Feijoo, pasando por Alfonso Álvarez Cáccamo, Ledicia Costas, Fran Alonso, María Reimóndez, Manuel Esteban, María Lado, Carlos G. Reigosa e unha decena máis de escritores que converteron a Vigo en protagonista das súas obras.

"Estamos ante unha magnífica e imaxinativa iniciativa para divulgar o libro e a cultura de Vigo", sinalou o alcalde, Abel Caballero, durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación antes de felicitar aos responsables do proxecto e ás editoriais da cidade como Xerais, Galaxia ou Elvira.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

turismo

medio ambiente

música

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos