20082019Mar
Última edición: Mar, 20 Ago 2019 3pm

Verne en Vigo

Un conto "Jules Verne e o pesadelo de Xulia" para cada neno vigués

O Concello vén de colaborar na edición dun relato excepcional escrito pola xornalista Ana B. Gómez e que será distribuído por todos os centros educativos da cidade

05 Marzo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Presetanción do libro, este luns no Concello. / Foto: vigo.org Presetanción do libro, este luns no Concello. / Foto: vigo.org

O goberno local vén de colaborar na edición de "Jules Verne e o pesadelo de Xulia", un conto excepcional escrito pola xornalista Ana B. Gómez e que será distribuído por todos os centros educativos da cidade. O obxectivo é achegar aos estudantes de Infantil e Primaria á relación que este autor francés tivo con Vigo.

Abel Caballero cualificou de "excepcional" o conto "Jules Verne e o pesadelo de Xulia" que este luns presentou en rolda de prensa acompañado por 35 estudantes do Ceip Otero Pedraio e pola escritora, Ana B. Gómez. Coas "marabillosas" ilustracións de Ignacio Hernández, o Concello coopera con Lobito Bueno na edición dun texto "magnífico", unha acción enmarcada no 150 aniversario da chegada do Nautilus á ría de Vigo, segundo narra o autor francés en "20.000 leguas de viaxe submarino".

Tal e como avanzou o rexedor, repartiranse estes libros por todas os bibliotecas e todos os centros educativos da cidade para que os estudantes de Infantil e Primaria coñezan a relación entre este autor e a nosa cidade.

O conto transcurre en Vigo, cando Xulia sufre un forte pesadelo. A partir dese momento, ela e o seu avó se embarcarán nunha aventura e viaxarán no tempo xunto a Verne. Na narración aparecen distintos escenarios culturais e incluso as Illas Cíes.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad 2019

obras

tecnología

el tiempo

proyectos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos