18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Un total de 150 escolares coñecen de primeira man o vínculo de Jules Verne coa cidade

Alumnos dos CEIP García Barbón, Frián Teis e Ramón y Cajal gozaron dunha representación xunto ao monumento do escritor

20 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Un intre da visita. / Foto: Concello de Vigo Un intre da visita. / Foto: Concello de Vigo

A estatua homenaxe a Jules Verne nas Avenidas recibiu este martes pola mañá a 150 escolares dos CEIP García Barbón, Frián Teis e Ramón y Cajal para gozar dunha representación na que se lles achegou a figura de Verne e o seu paso por Vigo hai 140 anos.

Os pequenos coñeceron a historia contada por unha avoa que falaba do que lle contara ou seu avó sobre Jules Verne cando ela era pequena. Tamén descubriron como o ‘Nautilus’ se achegou a Vigo hai 150 anos tal e como relata no capítulo ‘A baía de Vigo’ de ‘20.000 leguas baixo dos mares’.

A iniciativa ‘Vigo le a Verne’, promovida polo Concello de Vigo e as editoriais viguesas Galaxia, Lobito Bueno, Ir Indo e Xerais, complétase cunha acción de fomento da lectura nas librarías da cidade onde os vigueses poderán coñecer en detalle a literatura no só do escritor francés senón tamén os libros relacionados co vínculo de Verne con Vigo.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

celta

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos