26092018Mié
Última edición: Mié, 26 Sep 2018 9am

Lectura do capítulo “A baía de Vigo” no 150 aniversario do paso do "Nautilus"

Máis de 40 persoas vinculadas coa cultura lerán este domingo a pasaxe do libro "20.000 leguas baixo dos mares", de Jules Verne

17 Febrero 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Monumento a Jules Verne nas Avenidas de Vigo. / Foto: A.G. Monumento a Jules Verne nas Avenidas de Vigo. / Foto: A.G.

A estatua de Verne, nas Avenidas, será o escenario no que máis de 40 persoas vinculadas coa cultura, a edición de libros e o xornalismo, lerán o capítulo “A baía de Vigo”, de "20.000 leguas baixo dos mares", de Jules Verne.

Abrirá a quenda desta lectura pública o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e lle seguirán os concelleiros de Cultura e Turismo, Cayetano Rodríguez, e Ana Laura Iglesias, respectivamente. Con esta acción conmemórase o 150 aniversario do paso do Nautilus pola ría de Vigo, xusto un 18 de febreiro, segundo relata Verne na súa coñecida obra. O acto é público e contará cunha exposición de libros editados en Vigo vinculados coa obra de Verne ou mesmo coa efeméride.

A acción “Vigo le a Verne” está promovida polo Concello de Vigo, e mais as editoriais viguesas Galaxia, Lobito Bueno, Ir Indo e Xerais. Completarase o martes cunha acción dirixida a escolares na que se teatralizará o capitulo “A baía de Vigo” do citado libro.

Persoas que lerán na lectura pública do domingo, 18 de febreiro: Abel Caballero (alcalde de Vigo), Cayetano Rodríguez (concelleiro de Cultura), Ana Laura Iglesias (concelleira de Turismo), Bieito Ledo (director Ir Indo), Francisco Castro (escritor e director de Galaxia), Anabé Gómez (xornalista e codirectora Lobito Bueno), Manuel Bragado (escritor e director de Xerais), Eduardo Rolland (xornalista e escritor), Xulio Astor (escritor e biólogo), Carmé Adán (escritora), Jorge Bravo (xornalista. Atlántico Diario), Ledicia Costas (escritora), Xosé Manuel Rodríguez (xornalista. RG), Manuel Esteban (escritor), Xavier Estévez (escritor), Anxo Fariña (escritor e ilustrador), Fran Fernández Davila (escritor), Antonio García Teijeiro (escritor e poeta), Gerardo González Martín (xornalista e escritor), Sabela González Panizo (escritora), Antonio Giráldez (escritor), Rafael Laso (escritor), Jorge Lamas (xornalista. La Voz de Galicia), Inma López Silva (escritora), Miguel Martín. (Xornalista. Localia), Iria Misa (escritora), Xosé Manuel Moo (Xerais), Ramón Nicolás (escritor e crítico literario), Carlos Núñez (publicista e deseñador), Xabier Paz (escritor), Xosé Ramón Pena (escritor), María Xosé Porteiro (xornalista e escritora), Antón Pulido (pintor), María Xosé Queizán (escritora), Paz Raña Lama, Xosé Lois Ripalda (escritor), David Rodríguez (escritor), Pablo Rodríguez (Rei Zentolo) (ilustrador), Clara do Roxo (escritora), Manuel Sánchez Gálvez (escritor), Xavier Viana, Xina Vega (escritora) e Iolanda Zúñiga (escritora).

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

vigo

comarcas

escapada

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos