22012020Mié
Última edición: Mar, 21 Ene 2020 9pm

O Premio de Poesía Afundación inicia a procura do mellor poemario en galego

O galardón, dotado con 6.000 euros e a publicación da obra, abriu a súa convocatoria a obras inéditas cunha extensión mínima de 600 versos

26 Diciembre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o Centro Pen de Galicia e Afundación convocan a décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación co obxectivo de recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega.

As persoas interesadas en participar poderán entregar as súas obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos, ata o vindeiro 31 de maio de 2018.

Un xurado constituído por cinco persoas pertencentes ao eido literario e presidido polo titular do Centro Pen de Galicia, Luís G. Tosar, decidirá a obra merecedora do galardón, e a resolución farase pública durante o verán de 2018.

A creación premiada recibirá un único premio de 6.000 euros e ademais será publicada na colección ‘Arte de Trobar’, editada polo Centro Pen de Galicia coa colaboración da Xunta de Galicia e Afundación.

A historia do premio
O galardón comezou a súa andaina no ano 2002 a instancias do Centro Pen de Galicia e de Afundación co obxectivo de reforzar a imprescindible produción poética en galego e continuar o enriquecemento da creación cultura galega actual.

No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña,  Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras, X. Daniel Costas, Yolanda Castaño, Elías Portela, Miguel Anxo Fernán Vello, Olalla Cociña e Estíbaliz Espinosa, gañadora da pasada convocatoria.

fitur 2020

peinador

sucesos

fútbol

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos