20092019Vie
Última edición: Jue, 19 Sep 2019 7pm

Obradoiro de ilustración en Vigo no Día das Bibliotecas

A Biblioteca municipal Neira Vilas acolle o "Obradoiro de Ilustración" que imparte o debuxante Óscar Villán

24 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Biblioteca Neira Vilas. Biblioteca Neira Vilas.

A Biblioteca Municipal Neira Vilas acolle este martes pola tarde un taller no que o público infantil poderá achegarse ao proceso gráfico dunha publicación da man do ilustrador Óscar Villán.

O alcalde explicou que co gallo da conmemoración este martes 24 de outubro do Día das Bibliotecas, o goberno local ofrece unha actividade dirixida ao público infantil, que é gratuíta, pero para a que se precisa inscrición previa, cun máximo de 15 prazas dispoñibles.

A Biblioteca municipal Neira Vilas acolle a partir das 18:00 horas de hoxe o "Obradoiro de Ilustración" que imparte o debuxante Óscar Villán, que explicará aos cativos e cativas como se aborda o proceso de creación e realización da parte gráfica dun libro. Contará a súa experiencia e a de outros compañeiros debuxantes de profesión.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

navidad 2019

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos