18072018Mié
Última edición: Mar, 17 Jul 2018 9pm

Vigo xa mostra o tesouro de Martín Codax

Oito séculos despois da súa creación, o Pergamiño Vindel, tesouro musical e bibliográfico procedente da Morgan Library regresa a onde naceu, expoñéndose no Museo do Mar de Galicia

10 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Román Rodríguez, Núñez Feijóo, Mato e Caballero, este martes, ante o Pergamiño Vindel. / Foto: Xunta Román Rodríguez, Núñez Feijóo, Mato e Caballero, este martes, ante o Pergamiño Vindel. / Foto: Xunta

Baixo o título Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, os galegos poderán visitar desde este martes, e ata o 4 de marzo de 2018, a que é a primeira exposición pública da historia do Pergamiño Vindel, unha peza única que testemuña o nacemento da nosa literatura.

Oito séculos despois da súa creación, o tesouro musical e bibliográfico procedente da Morgan Library regresa a onde naceu, ao expoñerse nunha nova sala do Museo do Mar de Galicia, en Vigo.

Durante a inauguración da mostra, presidida polo titular da Xunta, Feijóo destacou o momento emotivo do acto, no cal Galicia volve recuperar unha das partidas de nacemento máis claras do seu idioma e da súa cultura. “Ao ver este documento un sente orgullo de ser galego, de ter unha lingua propia e de ser un pobo pequeno en poboación pero importante desde o punto de vista de produción cultural” dixo.

O presidente do Goberno galego aproveitou o acto para animar a todos os galegos a que visiten a mostra e coñezan de primeira man esta xoia da literatura que pon de manifesto a importancia que, durante tantos séculos, tivo e ten o galego.

Así mesmo, agradeceu á Morgan Library e á Universidade de Vigo o intenso traballo e a disposición para acadar algo tan importante como que todos os galegos poidan coñecer esta peza que testemuña o nacemento literario dun idioma e faino cunha obra cimeira da cultura occidental, como son as cantigas de Codax.

A exposición, pensada para todos os públicos, divídese á súa vez en sete partes. Sete seccións para coñecer o que significa o Pergamiño Vindel e a grande e descoñecida figura de Martín Codax.

Con este obxectivo, a mostra desenvolve aspectos como a cultura e a espiritualidade dunha sociedade que se abre a Europa polos camiños de peregrinación que ao longo da cornixa cantábrica conducen a Santiago de Compostela; o uso social do galego durante parte do medievo máis aló do ámbito literario; a vida cotiá; o eido dos sentimentos e das crenzas, ámbito da arte e o feito relixioso.

Na mostra expóñense tamén máis de 50 pezas pictóricas, escultóricas e documentais coas que definir o contexto de creación do Pergamiño Vindel, cunha cronoloxía que vai desde a propia Idade Media ata este mesmo 2017.

E servirá, ademais, para estreitar os vínculos no ámbito lusófono, xa que nela se pon de manifesto que portugueses e galegos somos dous pobos distintos, pero indisolublemente unidos por lazos fraternais de boa veciñanza e respecto. Lazos estreitados por unha historia e unhas linguas, o portugués e o galego, cunha potente raíz común.

Una mostra configurada en sete partes
No tocante ao proxecto expositivo articulado en torno ás sete cantigas de amigo, cómpre subliñar que a primeira parte da exposición leva por título “E ai Deus, se verra cedo?”, na que se trata o tema da cultura e a espiritualidade da época, a cosmovisión dunha sociedade que se vai a abrir a Europa polos camiños de peregrinación que conducen a Santiago.

A segunda parte leva por título “Ca ven san’ e vivo / e del rei amigo”, onde se expón a estreita relación do amigo co monarca do lugar a través dalgúns símbolos da realeza e da alta nobreza, relixiosa e laica.

Na terceira parte da exposición, “Mia irmana fremosa”, faise referencia ao espazo íntimo da amiga protagonista das cantigas, ao ámbito familiar, á vida cotiá e ao concepto medieval da amizade.

A cuarta parte da mostra, titulada “E vou namorada”, incide na evocación dos sentimentos: no amor sacro pero tamén no amor profano, cantado nas cantigas de Martín Codax.

“E bañar nos emos nas ondas”, a quinta parte da mostra expón unha serie de alegorías medievais reinterpretadas pola cultura contemporánea galega, de maneira que a natureza lle inspira aos canteiros medievais unha paisaxe real e alegórica, un paraíso cristián evocado nun chapitel do convento franciscano de Betanzos, contraposto á diabólica imaxe do dragón, do mesmo convento.

A sexta parte da exposición leva por título “Eno sagrado, en Vigo”. Unha sección na que se trata o espazo evocado na sexta cantiga; é dicir, o templo e o adro.

E, por último, a sétima parte da mostra, titulada “Por que tarda meu amigo sen min?”, ofrece, como a sétima cantiga de Martín Códax, unha sorte de recapitulación. Por iso leva por subtítulo ‘Un tesouro en sete cantigas’.

O protagonista desta parte final é o Pergamiño Vindel que recolle as sete cantigas de Martín Codax; un manuscrito realizado no terceiro terzo do século XIII por dous amanuenses e dous decoradores nun scriptorium da contorna de Alfonso X o Sabio, posiblemente dunha familia aristocrática e culta.

A interrogante do verso do título e o carácter fondamente evocador e nostálxico da VII cantiga, dunha grande densidade poética na pregunta da amante ás ondas do mar, que rolda a incerteza, e na cal está simbolizada na Roda da Fortuna, representación alegórica do carácter inestable da vida humana.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

tráfico

festival

crossfit

  • Comienza la modernización del transporte
    Comienza la modernización del transporte Uno de los indicadores más claros del progreso de una sociedad es la calidad de su transporte públilco. El próximo año finaliza la mayor parte de las concesiones de autobús que recorren cada día la geografía gallega y que fueron…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos