22102017Dom
Última edición: Dom, 22 Oct 2017 12am

O Pergamiño Vindel xa viaxa de regreso dende Nova York a Vigo

O manuscrito recolle as cantigas de amigo do século XIII do trobador galego Martín Códax. Oito séculos despois Galicia acollerá o tesouro musical e bibliográfico procedente da Morgan Library

22 Septiembre 2017 por
Valora este artículo
(4 votos)
O Pergamiño Vindel. / Fotos: Xunta de Galicia / @alorenzo64 O Pergamiño Vindel. / Fotos: Xunta de Galicia / @alorenzo64

A Biblioteca e Museo Morgan de Nova York entregou este mediodía o Pergamiño Vindel, en calidade de préstamo, á Universidade de Vigo.

A cerimonia de entrega, que tivo lugar no salón North Parlor da Morgan contou coa presenza de Román Rodriguez, conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria; de Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo; de Colin B. Bailey, director xeral da Morgan; así como membros da embaixada e consulado español e portugués, delegación das Nacións Unidas e personalidades académicas de institucións como a Columbia University, Harvard University, School of Visual Arts, Pratt Institute e City University of New York.

A entrega do Pergamiño Vindel, que recolle as sete cantigas de amigo que o trobador galego Martín Códax escribiu no século XIII, culmina dous anos de negociacións entre a Biblioteca e o Museo Morgan e a Universidade de Vigo. No seu regreso ao lugar no que foi creado, o Pergamiño será a peza central dunha gran exposición e epicentro de numerosas actividades culturais e divulgativas, que permitirán poñer en valor unha das tres obras máis importantes da lírica medieval galego-portuguesa.

“En primeiro lugar, ?declarou Román Rodríguez?, quero agradecer aos responsables da Morgan Library & Museum, a xenerosidade e amplitude de miras que teñen demostrado durante todo o proceso de negociación. Parabéns tamén á Universidade de Vigo, representada polo seu Reitor, pola sensibilidade e capacidade para levar a bo porto esta negociación. En certo sentido, Nova York e Vigo –ambas, cidades atlánticas–, foron lugares para a esperanza na prosperidade, motores dun mundo moderno en permanente cambio e intercambio.” “Pois ben –continuou o conselleiro?, hoxe estreitamos estes lazos e tendemos unha nova ponte entre a Morgan Library e a Universidade de Vigo. E, desde a responsabilidade que nos obriga como membros do Goberno da nosa Comunidade, comprometemos todo o noso esforzo para que este proxecto expositivo, de exploración das nosas orixes literarias e musicais, sexa un fito para Vigo, para Galicia e tamén para a Morgan Library”.

EntregaVindel1

Pola súa parte, o reitor da Universidade de Vigo, iniciou a súa intervención asegurando que “a Morgan está facendo realidade un soño” e destacou os valores literarios, lingüísticos e sentimentais da obra que recolle as composicións de Martín Códax. “Esta obra, cargada de sensualidade e referencias a ritos pagáns, é unha das pedras angulares da lingua propia de Galicia”, asegurou Mato, que fixo seus algúns dos sentimentos que a protagonista das cantigas manifesta na obra do trobador galego. “Emoción, contida, pero créanme, desbordante, que como reitor e como galego, para min supón, grazas á xenerosidade de Colin B. Bailey e o seu equipo, que se poda mostrar o Pergamiño Vindel fóra da institución á que pertence”, sinalou o reitor, que tamén aludiu á alegría polo regreso da obra a Vigo e a paixón, despregada durante dous anos polo equipo que fixo posible o reencontro do manuscrito coas súas orixes. “Grazas á Morgan Library por facer súa a nosa petición e confiarlle a esta Universidade un dos seus tesouros máis prezados. Non defraudaremos esa confianza desde a responsabilidade que se nos esixe ás universidades como creadoras, depositarias e transmisoras de coñecemento”, dixo Salustiano Mato.

“As sete cantigas de Martin Codax escritas no manuscrito da Morgan teñen atraído máis atención que calquera dos outros manuscritos por unha serie de razóns. Os poemas foron escritos nunha sola peza de pergameo como unha folla de cancións que conteñen o traballo dun poeta individual. Cando se descubriu- e esta é a parte verdadeiramente notable da historia- o manuscrito foi a única cantiga con notación musical escrita no século XIII. É considerada como a clave das orixes da poesía vernácula e a música secular na península, e posiblemente en toda a música medieval secular en xeral”, declarou Roger Wieck, Curador Principal de Manuscritos Medievais e Renacentistas da Morgan.

Unha exposición para poñer en valor o Pergamiño
800 años despois da súa creación, ninguén dubida da relevancia histórica, lingüística, musical e académica da obra de Martín Códax, da que, sen embargo, nada se soubo entre os séculos XIII ao XX, até que o libreiro madrileño Pedro Vindel localizou na parte interior dun exemplar do século XIV da obra De officiis de Ciceron, un pergameo coas cantigas do trobador galego.

Tras a súa adquisición a finais da década de 1970 por parte da Biblioteca e Museo Morgan, o Pergamiño regresará temporalmente ao lugar onde naceu para converterse na peza central da mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas, articulada a través de sete partes, inspiradas en cada unha das cantigas do manuscrito medieval, nas que unha muller manifesta o seu desexo de reencontrarse co seu amado. Unhas 40 pezas, entre os séculos XII ao XV, conforman a mostra, desenvolta en colaboración coa Xunta de Galicia, e que abarca temáticas como a espiritualidade, a cultura, os símbolos de poder temporal, o espazo íntimo, o amor sacro e profano e o pensamento simbólico.

Ademais da exposición, que se desenvolverá no Museo do Mar de Galicia, entre outubro de 2017 e marzo de 2018, o regreso do Pergamiño Vindel a Vigo completarase cun detallado programa de actos que inclúe o simposio internacional "E irei, madr´a Vigo” organizado polo Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo, co apoio da Deputación de Pontevedra. Concertos, ciclos de conferencias, actividades de divulgación destinadas a difundir o valor del Pergamiño entre os escolares e a sociedade en xeral e a tradución das cantigas de Martín Códax a 50 idiomas, completan o programa de actividades que se desenvolverán durante os meses de estancia do Pergamiño Vindel en Galicia.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos