24102017Mar
Última edición: Lun, 23 Oct 2017 8pm

libros

A visión moderna da cidade a través de "O Vigo de hoxe"

Fernando Torres Carbajo, escritor e articulista de VIGOÉ, presenta ao alcalde a última obra da súa triloxía

08 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Fernando Torres Carbajo e Abel Caballero, este martes na Alcaldía. / Foto: vigo.org Fernando Torres Carbajo e Abel Caballero, este martes na Alcaldía. / Foto: vigo.org

"O Vigo de hoxe ofrece unha visión moderna do Vigo de 2017 a través dunha narración histórica e ben feira e acompañada de imaxe gráfica".

Así definiu este martes o alcalde, Abel Caballero, a nova obra do escritor e articulsita Fernando Torres Carbajo, que presentou o seu libro ao rexedor na Casa do Concello.

O escritor pecha a súa triloxía sobre a cidade na que vive. Publicado de novo por Edicións Cardeñoso e coa colaboración de VIGOÉ para o seu fondo de imaxes, a nova obra revisa a fondo o Vigo actual.

Fernando Torres Carbajo (Vigo, 1958) xa ofreceu nas páxinas de VIGOÉ os capítulos dos seus dous anteriores libros, "O Vigo doutra época" (Edicións Cardeñoso, 2009) e "25 empresas do Vigo de sempre" (Edicións Cardeñoso, 2014). Licenciado en Veterinaria, traballa na Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, na área do Mar en Vigo, e publicou en 2009 o seu primeiro libro, "O Vigo doutra época", que trataba dos disitintos aspectos da nosa cidade en tres cuartas partes do século XX.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído

Agenda

Sin eventos